Piri Reis
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
Piri Reis ou Pīrī Re’īs, anteriormente Hājjī Mehmet, nado en Gallípoli, na actual Turquía, no ano 1465 e decapitado en Exipto en 1554, foi un almirante, mariño e cartógrafo turco otomán.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ota) پیری رئیس ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ota) احمد مُحییالدین پیری ![]() 1470 ![]() Karaman (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1554 ![]() O Cairo ![]() |
Causa da morte | pena de morte, decapitación ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Otomán ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Cartografía e xeografía ![]() |
Ocupación | xeógrafo , oficial , cartógrafo , almirante ![]() |
Interesado en | Cartografía ![]() |
Lingua | Lingua turca otomá e árabe ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Marinha Otomana (pt) ![]() ![]() |
Rango militar | almirante (1547–) ![]() |
Conflito | Batalha de Zonchio (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/70/Piri_reis_world_map_01.jpg/200px-Piri_reis_world_map_01.jpg)
Traxectoria
editarDiscípulo e sobriño de Kemal Reis, empezou a aprender a navegar ós doce anos. Foi un home de gran cultura, xa que era quen de falar, ademais da súa lingua nativa, árabe, grego, castelán e portugués. Participou en numerosas guerras contra a república de Venecia entre os anos 1499 e 1502, ademais de contra os cabaleiros de Rodas e os mamelucos de Exipto (1523).
Sitiou Xibraltar por ordes do sultán otomán pero terminou aceptando un suborno que lle ofreceron os sitiados. O gobernador de Exipto, Alí Bajá, tivo conocemento disto e mandou chamar a Reis para que explicase a súa actitude, pero este negouse, polo que Bajá mandou detelo e condenalo a morte no cadafalso. Tiña 89 anos.
Obra
editarA súa maior obra foi o Kitab-i Bahriye ("Libro das Materias Mariñas"), un atlas náutico que contén o famoso Mapa de Piri Reis, dedicado ó sultán Solimán o Magnífico en 1525, recuperado en 1929 e conservado na actualidade no Museo Topkapı Sarayı, no Palacio de Topkapi en Istambul.
Na actualidade o seu famoso e enigmático mapa dos contornos orientais de Suramérica constitúe unha auténtica ícona nacional para Turquía. Tanto é así que aparece no reverso dos billetes de dez millóns de liras.