André Paleólogo

André Paleólogo (Andreas Palaiologos ou Palaeologus), nado o en Morea o 17 de xaneiro de 1453 e finado en Roma o 17 de xaneiro de 1502, foi de iure Emperador bizantino e Déspota de Morea desde 1465 até a súa morte en 1502.

Infotaula de personaAndré Paleólogo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1453 Editar o valor em Wikidata
Despotado de Morea, Grecia Editar o valor em Wikidata
Mortexuño de 1502 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRoma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpretendente Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCaterina Paleóloga Editar o valor em Wikidata
FillosMaria Palaiologina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisTomé Paleólogo Editar o valor em Wikidata  e Catarina Zaccaria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSofía Paleóloga, Helena Paleóloga da Morea (pt) Traducir e Manuel Paleólogo Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era o sobriño de Constantino XI Paleólogo, o último emperador bizantino de Constantinopla Despois de que Constantino foi derrotado e asasinado polas forzas de Mehmed II o 29 de maio de 1453, André seguiu vivindo en Morea, que sería gobernada independentemente polo pai de André, Tomé Paleólogo, o irmán máis novo de Constantino, até 1460. Nesta época fuxiu á Península Itálica despois da invasión otomá. Antes da súa entrada a Italia, Tomé e todos os seus fillos convertéronse á relixión católica. Cando o seu pai faleceu en 1465, André quedou en Italia baixo a protección dos Estados Pontificios. Viviu en Roma, chamándose a si mesmo Imperator Constantinopolitanus ("Emperador de Constantinopla"), e casou cunha romana chamada Catarina.

Durante a súa vida, creuse que André gastara enormes sumas de diñeiro dadas a el polo Papado. Con todo, historiadores modernos agora pensan que o diñeiro recibido do Papa era soamente o suficiente para un nivel de vida máis ben pobre.

Buscando diñeiro e unha mellor vida, André tratou de vender os dereitos á coroa bizantina, que lle correspondían a el de iure desde a morte do seu pai Tomé. Carlos VIII de Francia ao principio acordou comprar os dereitos de sucesión de André en 1494. Con todo Carlos falecería antes de realizar a transacción (7 de abril de 1498).

O irmán máis novo de André, Manuel Paleólogo, arranxou un trato co sultán otomán Beyazid II, traspasándolle os dereitos do trono bizantino por unha confortábel pensión, e ademais Manuel sería recibido como un invitado de honra. O sucesor do sultán tería aos fillos de Manuel, André e Xoán, convertidos ao islam, pero coa condición de facelos escravos, como ocorreu con outros membros da familia de Manuel despois da súa morte.

André morreu na pobreza en 1502, habéndolle vendido os seus títulos a Fernando II de Aragón e a Isabel I de Castela (os Reis Católicos). Mentres a maioría dos eruditos pensan que André non deixou descendentes, Donald M. Nicol no seu libroThe Immortal Emperor recoñece como posíbeis descendentes de André a Constantino Paleólogo, que serviu na Garda Papal, e a unha María que casou co nobre ruso Mihail Vasilivich de Moscova.

Fontes documentais italianas, parecen identificar a unha filla de Constantino nunha tal Domizia ou Domenica, a concubina de Evandro Conti, un cabaleiro que pertence á estirpe de Papa Inocencio III e nai dos seus fillos: pero nin Marzio Conti, nin o seu irmán Xoán-César, os fillos desta parella, reclamaron dereitos sobre o trono de Constantinopla.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jonathan Harris, Greek Émigrés in the West, 1400-1520, Camberley: Porphyrogenitus, 1995. ISBN 1-871328-11-X
  • Jonathan Harris 'A worthless prince? Andreas Palaeologus in Rome, 1465-1502', Orientalia Christiana Periodica 61 (1995), 537-54
  • Donald M. Nicol, The Immortal Emperor, Cambridge University Press, 1992, pp. 115–22. ISBN 0-521-41456-3.
  • Steven Runciman, The Fall of Constantinople 1453, Cambridge University Press, 1965, pp. 183–4. ISBN 0-521-09573-5
  • F. Rodriguez, Orixine, cronoloxía e succesione degli Imperatori Paleologo, "Riv. dei Araldica e Genealogia" I, 1933.