Pedro II da Bretaña

aristócrata francés

Pedro II de Bretaña chamado o Simple ou Pedro de Guengamp, nado en Nantes o 7 de xullo de 1418 e finado no mesmo lugar o 22 de setembro de 1457, foi duque da Bretaña de 1450 a 1457, fillo de Xoán V o Anglófilo, duque da Bretaña e Xoana de Francia. Tamén foi conde de Guengamp (1421-1457), conde de Montfort e outros títulos.

Infotaula de personaPedro II da Bretaña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1418 Editar o valor em Wikidata
Nantes, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 1457 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Nantes, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacollegiate Notre-Dame, Nantes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Governor of Brittany (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaMontfort of Brittany (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFrançoise d'Amboise (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisXoán V da Bretaña Editar o valor em Wikidata  e Joana de França (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabela da Bretanha (pt) Traducir, Gilles da Bretanha (pt) Traducir e Francisco I da Bretaña Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Montfort-439

Traxectoria editar

Recibiu o condado de Guengamp en 1421 e cando tiña pouco máis de 20 anos loitou contra os ingleses en Normandía en 1449 e 1450 co seu irmán, o duque Francisco I da Bretaña, e o seu tío o condestable de Richemont toman varias cidades, entre elas. Coutances, Saint-Lô e Fougères. Converteuse en duque á morte de Francisco I. Este non tiña fillos, e seguindo as disposicións do primeiro Tratado de Guérande (1365) que excluía as fillas, nomeou para suceder ao seu irmán Pedro, con preferencia ás súas fillas, Margarida da Bretaña e María da Bretaña. Pedro II perseguiu aos asasinos do seu outro irmán, Xil da Bretaña.

Casou en xuño de 1441 con Françoise de Amboise (1427 - 1485), filla de Luís de Amboise, vizconde de Thouars e príncipe de Talmont, a quen a igrexa concederá a condición de "benaventurada". Pero non houbo fillos deste matrimonio. O seu tío Artur sucedeuno como Artur III da Bretaña.

En 1455, Pedro II e a súa esposa, a benaventurada Françoise de Amboise, non podían ter fillos. Cos problemas de saúde de Pedro II, xurdiu a cuestión da súa sucesión. Para evitar que o trono da Bretaña caese en mans estranxeiras, o duque decidiu casar a súa sobriña, Margarida da Bretaña, filla do seu irmán máis vello Francisco I da Bretaña, co seu curmán, Francisco da Bretaña, conde de Étampes, futuro duque da Bretaña. Para selar esta unión, o duque convocou os estados da Bretaña en Vannes, onde se reuniron o xoves 13 de novembro de 1455 no salón superior da Cohue; alí reuníronse os principais señores bretóns, así como os bispos, os abades e os representantes das cidades. Todos eles aprobaron a unión matrimonial desexada por Pedro II.

A voda comezou o 16 de novembro cunha misa na catedral de San Pedro de Vannes, presidida polo bispo de Nantes, Guillerme de Malestroit. Seguiron os banquetes e bailes no castelo do Armiño, e as competicións cabaleirescas animaron a Praza das Lizas:

Á cea o duque levou a sua esposa á sala do Armiño colleu o seu lugar no medio da cerimonia...; o duque estaba na cámara e conversaba cos principais señores... O duque tiña a esposa preto del... Despois do xantar cara ás catro comezaron as danzas polos altos menestreis. O duque levou a señora de Malestroit, o señor de Laval levaba a duquesa, os outros señores as outras damas, e continuaron as danzas ata a noite. Ao día seguinte comezaron as xustas que duraron catro días; e despois de que os señores pasaron ese tempo en gran ledicia, festas e diversions, abandonaron Vannes.

O relativamente curto reinado deste duque non marcou demasiado a historia do país. Os seus contemporáneos describiron a Pedro II o Simple como ben aconsellado pola súa muller, pero pouco feito para a función ducal, pesado de corpo e espírito, e afectado por frecuentes cambios de humor. Participou na batalla de Castillon en 1453.

Fixo construír cando aínda era só conde de Guengamp, unha tumba esculpida na colexiata de Notre-Dame de Nantes, que desapareceu coa revolución. Cóntase que na apertura da súa tumba (quizais polos revolucionarios) só se descubriu no seu interior un manequín; naceu entón o misterio sobre o verdadeiro destino deste duque e especulouse que tería arranxado a súa falsa morte para escapar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arthur Le Moyne de La Borderie & Barthélémy-Ambroise-Marie Pocquet du Haut-Jussé, Histoire de Bretagne, t. 4: 1364-1515, Rennes / Paris, J. Plihon et L. Hommay / Alphonse Picard, 1906. Reedición: Mayenne, Joseph Floch, 1972.
  • Jean-Pierre Leguay & Hervé Martin: Fastes et malheurs de la Bretagne ducale 1213-1532 Ouest-France Université Rennes (1982) (ISBN 285882309X)