Sancho IV de Castela

rei de Castela, de León e de Galiza

Sancho IV de Borgoña, o Bravo, nado en Valladolid o 12 de maio de 1258 e falecido en Toledo o 25 de abril de 1295, foi rei de Castela, de León e de Galiza. Era o segundo fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón, filla de Xaime I o Conquistador.

Sancho IV de Castela
Nacemento12 de maio de 1258
Lugar de nacementoSevilla
Falecemento25 de abril de 1295
Lugar de falecementoToledo
SoterradoCatedral de Santa María de Toledo
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PaiAfonso X o Sabio
NaiViolante de Aragón
CónxuxeMaría de Molina
FillosIsabel de Castela, Fernando IV de León e Castela, Beatriz de Castela, Philip of Castile, Lord of Cabrera and Ribera, Pedro de Castela (1290–1319), Alfonso de Castilla, Violante Sánchez of Castile, Enrique de Castilla y Molina e Tereza Sanchez bâtarde de Castilla
IrmánsPedro de Castela, Fernando de La Cerda, Xoán I de Galiza e León, Jaime de Castela, Alfonso Fernández el Niño, Violante de Castela, Beatriz de Castela I, Beatriz de Castela, Berenguela de Castela, Leonor de Castela e Constança de Castela
Na rede
WikiTree: Castilla-112 Find a Grave: 95281415 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sancho nun manuscrito da época.

Traxectoria editar

Sancho IV casou con dona María de Molina en 1282, e tiveron seis fillos:

O primoxénito de Afonso X, Fernando de la Cerda, non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante Alfonso de la Cerda e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.

 
Moeda de Sancho IV.

Porén, Sancho proclamouse rei sen respectar a vontade do seu pai, e foi coroado en Toledo en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre Lope Díaz III de Haro, oitavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en Badaxoz, a 400 en Talavera e a outros moitos en Ávila e Toledo.

 
Arco de Tarifa cunha placa en recordo dos que loitaron no conflito de Tarifa.

Despois destes acontecementos perdooulle ó seu tío Xoán, quen ó pouco tempo se volveu sublevar, ocasionando o conflito de Tarifa. Xoán chamou na súa axuda os benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador Guzmán el Bueno, señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os benimerines regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.

Ó subir ó trono de Aragón Xaime II houbo un achegamento con Sancho IV, e os dous reis, unidos, deron un novo impulso á Reconquista.

O rei Sancho IV foi un gran amigo, ademais de titor, do personaxe histórico coñecido como o Infante Juan Manuel.

Sancho morreu en 1295, deixando como herdeiro o seu fillo Fernando, de nove anos. Deixou tamén en herdanza as disputas e rivalidades cos infantes de la Cerda e os seus partidarios.

Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.


Sancho IV de Castela
Nacemento: 12 de maio 1258 Falecemento: 25 de abril 1295


Títulos Reais
Precedido por
Afonso X


Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Córdoba, Murcia, Xaén e Sevilla
1284–1295
Sucedido  por
Fernando IV

Véxase tamén editar

Outros artigos editar