Caius Valerius Catullus, nado en Verona ou en Sirmio no 87 a.C. ou 84 a.C e finado en Roma no 54 a.C., foi un poeta latino, máis coñecido como Catulo.

Infotaula de personaCatulo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Gaius Valerius Catullus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 84 a. C. Editar o valor em Wikidata
Verona Editar o valor em Wikidata
Mortec. 54 a. C. Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLatin poetry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana serodia Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoLatin poetry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaValerii Catulli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaClodia Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 61 Musicbrainz: 2029d279-783f-48ed-a05f-d2c6625f0839 Discogs: 1379262 Editar o valor em Wikidata
Caius Valerius Catullus.

Traxectoria editar

Sábese pouco sobre a vida de Catulo. Tanto Suetonio (Vida dos doce césares) como Ovidio (Amores III.XV) sinalan a cidade de Verona como a súa patria natal, aínda que viviría case sempre en Roma. Procedía dunha familia da orde ecuestre.

Os amigos de Catulo eran, entre outros, os poetas C. Licinio Macer e Marco Furio Bibáculo e C. Helvio Cinna, o orador Q. Hortensio (rival de Cicerón) e o biógrafo Cornelio Nepote, a quen Catulo dedicou un libro de poemas.

No ano 61 a.C Catulo marchou para Roma, onde se namorou da "Lesbia" dos seus poemas, que polo xeral se cre que era Clodia Metelo, irmá do infame Publio Clodio Púlquer. Esta rebiricocada muller, 10 anos máis vella que Catulo, pertencía á aristocrática familia Claudia. O asunto finou cando Clodia preferiu a Celio Rufo, que era membro do círculo social de Catulo e socio de Cicerón.

 
Bitinia

No 57 a.C. acompañou o seu amigo Gaio Memmio para Bitinia, onde este servía como propretor. Catulo traballou na camarilla do gobernador de Bitinia, único oficio político que se lle coñece. Desde aí Catulo viaxou a Tróade para recoller ritos para a tumba de seu irmán, acontecemento que lembra nun axitado poema. Regresaría a Roma, onde permanecería os poucos anos restantes da súa vida. Aínda que nos seus poemas se queixa de pobreza, a verdade é que posuía unha villa preto de Tibur (a moderna Tivoli).

Non é moi seguro cando morreu. Algunhas fontes indican que morreu de esgotamento á idade de 30 anos. Xerome de Estridón di que nacera no 87 a.C e que viviu trinta anos, mais algúns poemas aluden a sucesos do 55 a.C., mais en ningún hai algo datábel no 54 a.C; porén, os estudosos tradicionalmente datan a súa vida entre o 84 a.C e o 54 a.C.

Obra editar

Catulo lígase a un círculo de poetas de ideais estéticos comúns, aos que Cicerón chama poetas novos (modernos), termo para el cargado de sentido pexorativo. Ese grupo de poetas cortaba co pasado literario romano (mitolóxico), pasando, entre outras características, a utilizar unha temática considerada “menor” polos seus críticos.

Acrecéntase ás características da poesía de Catulo, a linguaxe coloquial (p.ex. Ineptire, no canto VIII), a simulación frecuente de improvisación na sintaxe (frases interrompidas por oracións paratéticas, repetición de palabras e expresións, movemento circular da elocucións), versos lixeiros e a simulación do accesso aos recantos máis íntimos do ser humano.

A súa obra perpetuouse a través dos séculos que seguiran, foi exemplo para grandes nomes que viñeron despois, como Propercio e Tibulo. Tamén foi moi lido por poetas como T. S. Eliot e Charles Baudelaire.

Edicións editar

As súas poesías (116 poemas, so o título de Carmina), perdidas longo tempo, foron recuperadas no século XIV. Entre as numerosas edicións que desde entón se fixeran cabe destacar:

Pregúntasme cantos beixos
teus, Lesbia, me colmarían.
Tantos como area libia
cobre a laserpicífera Cirene,
entre o oráculo de Xúpiter ardente
e a tumba sagrada do mítico Bato,
ou como milleiros de estrelas que cando cae a noite
axexan os amores furtivos dos humanos.
Comerte a beixos
colmaría ó adoecido Catulo,
para que non poidan contalos os curiosos
nin enmeigalos unha mala lingua.

— Catulo, en tradución de X. M. Otero Fernández.

En galego editar

É posíbel tamén consultar poemas soltos en Aurora López e Andrés Pociña, Escolma de textos eróticos latinos.

En portugués editar

  • CATULO, C.Valério - Poesías (texto latino e vers.portuguesa de Ema Barcelos). Porto. Porto Editora.1975.
  • CATULO, Caio Valério – O Cancioneiro de Lésbia [trad. e introd. Paulo Sérgio de Vasconcellos]. Editora Hucitec: São Paulo, 1991.
  • CATULO, Caio Valério – O Livro de Catulo [trad, introd. e notas de João Ângelo Oliva Neto]. Edusp: São Paulo, 1996.

En castelán editar

  • CATULO, G. Valerio - Poesías (texto revisado e trad. de Miguel Dolç). Madrid. CSIC. 1990 - ISBN 84-00-02759-0

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar