Escudo da Generalitat Valenciana

(Redirección desde «Escudo da Comunidade Valenciana»)

O Escut do País Valenciano é o emblema oficial da Generalitat Valenciana que se basea no escudo persoal do rei Pere el Cerimoniós e, con modificacións, do resto de reis da Coroa de Aragón até Joan II.

Emblema oficial da Generalitat Valenciana.

Brasón editar

O brasón do escudo do País Valenciano está regulado polo artigo 6 do título III (do emblema) da lei número 8 do Govern Valencià sobre a Regulación de símbolos da Comunitat Valenciana e a súa utilización.

É así:

  • O emblema da Generalitat Valenciana está constituído pola heráldica do Rei Pere el Cerimoniós, representativa do histórico Reino de Valencia, tal e como acto seguido se blasona.
    • Escudo: inclinado á destra, de ouro, con catro paus de goles (en heráldica vermello intenso).
    • Timbre: Helmo de prata coroado, mantel que colga de azur (en heráldica azul intenso), cunha cruz paté curvilínea e fixada con punta aguzada de prata, forrado de goles; por cumio, un dragón nacente de ouro alado, linguado de goles e dentado de prata.

Historia editar

O escudo de tarxa de Pere el Cerimoniós editar

 
Escudo real na portada da Crónica de Ramon Muntaner, pertencente á edición de 1558. No século XVI o escut cambiou de forma e o mantel transformouse en lambrequíns.

Pese a que a tradición valenciana atribúe o cumio ao rei Jaume I, este escudo empezouno a utilizar o rei Pere el Cerimoniós coma escudo persoal, en substitución dos tradicionais escudos dos reis de Aragón, que eran os catro paus de goles en fondo de ouro. Cara ao 1343 o Cerimonioso inclinou o escudo á destra e engadiulle de timbre unha celada coroada cunha cumio, ademais dun mantel. Utilizábase para selar os documentos secretos do rei.

O cumio é un dragón alado que representa a idea apocalíptica que se estendeu no século XIV que fala dun próximo emperador ou monarca universal, que figuraba na última cabeza do dragón do libro da Apocalipse, e que o rei de Aragón intentaba atribuírse. Co tempo evolucionaría nun morcego, moi característico en moitos escudos municipais da antiga Coroa de Aragón, como os de Valencia, Palma, ou o antigo escudo de Barcelona. O mantel, en azur forrado de goles e unha cruz de Ènnec Arista (rei de Pamplona) en prata, representa o escudo dos antigos reis de Aragón, antes da unión co casal de Barcelona. Actualmente forma parte do escudo de Aragón no segundo cuartel.

Os escudos reais até Fernando II editar

Unha vez establecido por Pere el Cerimoniós o seu fillo primoxénito Joan utilizouno con dous únicos bastóns de goles sobre campo de ouro e o mesmo timbre coma o duque de Xirona, adoptando os catro bastóns xa como rei. Nalgunhas representacións engadía dous leóns rampantes de ouro suxeitando o escudo. O seu sucesor Martí l'Humà tamén o utilizou con dous anxos por suxeición. O primeiro rei Trastámara, Ferran de Antequera, adoptou o escudo do Casal de Barcelona coma rei da Coroa de Aragón, utilizando dous grifóns (animais mitolóxicos cuxa parte superior é de aguia e parte inferior de León) e de ouro como apoio. Alfons el Magnànim foi o primeiro en cambiar o mantel por lambrequíns de ouro e goles, e circunscrito polo Vélaro de Ouro, pero coma rei de Sicilia adoptou as armas da anterior dinastía siciliana. Pola contra a súa muller María de Castela levou un escudo partido coas armas dos reis de Aragón e dos reis de Castela. Fernando o Católico foi o primeiro rei da Coroa de Aragón que deixou de utilizar o escudo real tradicional, substituíndoo por unha combinación de armas reais dos seus reinos, incluídas as dos reis de Castela e León.

Representacións do escudo real no Reino de Valencia editar

 
Escudo real na Porta de Serrans, na cidade de Valencia.

O escudo real aparece representado en calquera parte da Coroa, e tamén por todo o Reino de Valencia. Aparece en Valencia na Porta de Serrans e na de Quart entre dúas escudos municipais, e tamén na Lonxa de Valencia.

En 1394 aparecen os reais de ouro de València (moedas acuñadas no reino de Valencia), e de novo en 1426 nuns reais creados en concordia entre o rei e os Xurados de Valencia. No anverso do escudo real de dúas barras (senyal o armes nostres Reyals jus lo timbre nostre propi), e ao reverso o escudo romboidal sen coroar con dúas barras (lo dit nostre senyal e armes fet a cayró).

Aparece na portada da primeira impresión da Aureum Opus (privilexios da cidade de València) e na portada da Crónica de València, de Martí de Viciana. No século XVI a cidade de Valencia utilizou en ocasións o cumio real sobre o seu escudo municipal, por mor da forte identificación municipal coa monarquía. Aparece un documento selado con escudo real preso pola cidade como propio, posto que a lenda di Civitatis Valentía.

O escudo da Deputación provincial de Valencia editar

A Deputación Provincial de Valencia fixo seu o escudo real mor da división provincial española en 1833, confundindo a súa descrición heráldica. Non traía os esmaltes correctos nin mantel, senón lambrequíns, e substituíron a Cruz de prata de Ènnec Aresta por unha Cruz de Sant Jaume en goles. As deputacións de Alacant e Castelló elixiron outros diferentes.

O escudo na actualidade editar

 
Señera do País Valenciano, tal como se recolle no Estatut de Benicàssim. Non chegou a ser oficial ao ser modificado o texto estatutario en Madrid.

O Estatuto de Autonomía do País Valenciano non di nada do escudo do País Valenciano, pese a que o artigo 4.2 fala da heráldica das tres provincias como posibilidade de engadirse á Señera. Aínda así durante a redacción do estatuto xa se tiña claro que o escudo sería o actual, posto que en Benicàssim pactouse poñelo á Señera en substitución da coroa, pese a que despois non se fixo oficial. A lei de símbolos que o fai oficial foi aprobada o 4 de decembro de 1984 e publicouse no DOGV (Diari Oficial de la Generalitat Valenciana) o 13 de decembro dese mesmo ano. Na actualidade é o emblema oficial da Generalitat Valenciana e ninguén o cuestiona.