Escudo chileno

antiga unidade monetaria de Chile (1960-1975)
Para o escudo de armas de Chile, véxase Escudo de Chile.

Escudo chileno †
Código:CLE
Ámbito:
Chile
Símbolo:
Fracción:Centésimo
Moedas:- 1/2, 1, 2, 5, 10, 20 e 50 centésimos.
- 1, 2, 5, 10, 50, 100 escudos.
Billetes:- ½, 1, 5, 10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 e 10.000 escudos.
Emisor:Banco Central de Chile
Taxa de troco:
1 Eº = 1.000 CLP (1950)
1.000 Eº = 1 CLP (1975).

O escudo chileno (código: CLE; símbolo: E°) foi a moeda de curso legal da República de Chile entre 1960 e 1975, dividida en cen centésimos, precedida e sucedida polo peso chileno.[1]

A implantación do escudo chileno formou parte das medidas de saneamento da economía e de control inflacionario emprendidas polo Goberno de Jorge Alessandri.[2][3]

Historia editar

Consonte a Lei 13.305, publicada o 6 de abril de 1959, o escudo entrou en circulación o 1 de xaneiro de 1960, en substitución do antigo peso chileno, cunha equivalencia de 1.000 pesos por cada escudo.[1]

O escudo estaba inicialmente subdividido en centésimos, mais coa publicación do Decreto lei 231 do 31 de decembro de 1973 dispúxose que todos os pagamentos se efectuasen en escudos enteiros, eliminando os centésimos.[4]

Finalmente, mediante o Decreto lei 1.123, publicado o 4 de agosto de 1975, retomouse o peso como unidade monetaria nacional, cunha equivalencia de 1.000 escudos por cada novo peso.[5]

Moedas editar

En 1960 introducíronse moedas dun centésimo de aluminio, e de 2, 5 e 10 centésimos de bronce-aluminio, e en 1962 engadiuse á serie a moeda de ½ centésimo, de aluminio.[6][7]

En 1971 presentouse unha nova serie de cuñaxes, que constaba de moedas de 10, 20 e 50 centésimos de bronce-aluminio, e de 1 e 5 escudos fabricadas en cuproníquel. Esta serie, que se emitiu tamén o ano seguinte, prevía inicialmente tamén o valor de 2 escudos en cuproníquel, mais o Banco Central de Chile non autorizou finalmente a súa posta en circulación, polo que a súa produción se limitou aos 106 exemplares de proba.[7][8]

En 1974 cuñáronse moedas de 5 e 10 escudos de aluminio (as de 5 escudos fixéronse con cuños datados en 1972, polo que é común que se consideren como cuñadas nese ano).[9] Finalmente, entre 1974 e 1975 completaron a serie as moedas de 50 e 100 escudos de níquel-latón.[7]

Todas as moedas amosan a marca de ceca da Casa da Moeda de Chile.

Anverso Reverso Valor Datas Aliaxe Canto Peso Diámetro Anverso
Reverso
    ½ centésimo

[10]

1962

1963

Aluminio Liso 2,00 g 25 mm Cóndor voando.
Valor entre pólas de gran.
    1 centésimo

[11]

1960

a

1963

Aluminio Liso 3,00 g 28 mm Cóndor voando.
Valor entre pólas de gran.
    2 centésimos

[12]

1960

a

1970

Bronce-aluminio Liso 3,00 g 20 mm Cóndor voando.
Valor entre pólas de gran.
    5 centésimos

[13]

1960

a

1970

Bronce-aluminio Estriado 4,00 g 23 mm Cóndor voando.
Valor entre pólas de gran.
    10 centésimos

[14][15]

1960

a

1970

Bronce-aluminio Liso 8,00 g 27,17 mm Cóndor voando.
Valor entre pólas de gran.
    1971 Bronce-aluminio Liso 2,50 g 18,10 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e escudo nacional.
    20 centésimos

[16]

1971

1972

Bronce-aluminio Liso 3,05 g 19,97 mm J. M. Balmaceda.
Valor e escudo nacional.
    50 centésimos

[17]

1971 Bronce-aluminio Liso 4,00 g 22 mm M. Rodríguez
Valor e escudo nacional.
    1 escudo

[18]

1971

1972

Cuproníquel Estriado 2,74 g 19 mm J. M. Carrera.
Valor e escudo nacional.
    5 escudos

[9][19]

1971

1972

Cubroníquel Estriado 4,53 g 23,03 mm Xefe mapuche.
Valor e coroa de loureiro.
    1972 Aluminio Liso 1,50 g 22,80 mm Xefe mapuche.
Valor e escudo nacional.
    10 escudos

[20]

1974 Aluminio Liso 27010 g 24,95 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro
    50 escudos

[21]

1974

1975

Níquel-latón Liso 4,00 g 21,48 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
  100 escudos

[22]

1974

1975

Níquel-latón Liso 5,00 g 23 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.

Billetes editar

En 1960, os antigos billetes con valores expresados en pesos (a moeda anterior) foron sobreestampadas provisionalmente para lles acreditar o seu contravalor en escudos chilenos. Esta serie estivo composta por billetes reconvertidos aos valores de ½, 1, 5, 10 e 50 centésimos, e de 1, 5, 10 e 50 escudos, sobre antigos billetes con valores desde os 5 pesos ata os 50.000 pesos.[6][23]

En 1962 introducíronse xa os primeiros deseños propios expresados en escudos, cos valores de ½, 1, 5, 10 e 50 escudos.[6] En 1967 sumóuselle á serie o billete de 100 escudos, e o de 10 escudos substituíuse por outro de menor tamaño.[24]

O inicio da década de 1970 caracterizouse polos graves problemas inflacionarios, polo que os valores faciais dos billetes se viron obrigados a crecer. Consecuentemente, en 1971 introduciuse no sistema o billete de 500 escudos; en xuño de 1973 engadíuselle o de 1.000 escudos e, en novembro dese mesmo ano, logo do golpe de Estado de Pinochet, o de 5.000.[2][25]​ Finalmente, en 1974, a serie completouse coa emisión do billete de 10.000 escudos.[26]

Valor nominal Emisións Cor Dimensións Anverso
Reverso
½ escudo

[27]

1962

1971

Azul 145×70 mm Bernardo O'Higgins.
Chegada de Almagro a Chile, de Subercaseaux.
1 escudo

[28]

1962

1971

Marrón 145×70 mm Arturo Prat.
Fundación de Santiago, de P. Lira.
5 escudos

[29]

1962

1971

Pardo avermellado 145×70 mm Manuel Bulnes.
Batalla de Rancagua, de Subercaseaux.
10 escudos

[24][30]

1962

1967

Granate 178×83 mm José Manuel Balmaceda.
Abrazo de Maipú, de Subercaseaux.
1967

1972

Pardo 145×70 mm José Manuel Balmaceda.
Abrazo de Maipú, de Subercaseaux.
1972

1974

Amarelo 145×70 mm José Manuel Balmaceda.
Abrazo de Maipú, de Subercaseaux.
50 escudos

[31]

1962

1974

Verde 178×83 mm Arturo Alessandri Palma.
Edificio: Banco Central de Chile.
100 escudos

[32]

1967

1974

Azul 178×83 mm Manuel Rengifo.
Escuadra Libertadora, de Somerscales.
500 escudos

[33]

1971

1975

Rosa 145×70 mm Mineiro (nacionalización do cobre, 1971).
Mina de Chuquicamata.
1.000 escudos

[34]

1973

1975

Azul violáceo 145×70 mm José Miguel Carrera.
Casa da familia Carrera.
5.000 escudos

[35]

1973

1975

Verde 145×70 mm José Miguel Carrera.
Casa da familia Carrera.
10.000 escudos [26] 1974

1975

Salmón 145×70 mm Bernardo O'Higgins.
Batalla de Rancagua, de Subercaseaux.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Lei 13.305 de 1959". Ministerio de Facenda de Chile.
  2. 2,0 2,1 "Cómo han cambiado los billetes chilenos desde 1960 hasta ahora". En La Tercera. 11 de maio de 2011.
  3. "Jorge Alessandri Rodríguez (1896-1986)". Memoria Chilena. Biblioteca Nacional de Chile.
  4. "Decreto lei 231 de 1973". Ministerio de Facenda de Chile.
  5. "Dectero lei 1.123 de 1975". Ministerio de Facenda de Chile.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Listado de Billetes y Monedas, 1925-1965". En Carrasco, C. "Billetes y monedas emitidos por el Banco Central (1925-1964)". Páxinas 605-625.
  7. 7,0 7,1 7,2 "Periodo (1960-1975)". Numismática chilena (Numismatica.cl)
  8. "2 Escudos". Numista.
  9. 9,0 9,1 "5 escudos 1972". Numista.
  10. "½ Centésimo". Numista.
  11. "1 Centésimo". Numista.
  12. "2 Centésimos". Numista.
  13. "5 centésimos". Numista.
  14. "10 Centésimos 1960-1970". Numista.
  15. "10 Centésimos 1971". Numista.
  16. "20 Centésimos". Numista.
  17. "50 centésimos". Numista.
  18. "1 escudo". Numista.
  19. "5 escudos 1971-72". Numista.
  20. "10 Escudos". Numista.
  21. "50 Escudos". Numista.
  22. "100 Escudos". Numista.
  23. Billetes con contramarca do valor en escudos (1960): "½ centésimo", "1 centésimo", "5 centésimos", "10 centésimos", "50 centésimos", "1 escudo", "5 escudos", "10 escudos", "50 escudos". Realbanknotes.com
  24. 24,0 24,1 "Billete de 10 escudos (1970)". Realbanknotes.com
  25. "Decreto 1.916 de 1973". Ministerio de Facenda de Chile.
  26. 26,0 26,1 "Billete de 10.000 escudos". Realbanknotes.com
  27. "Billete de medio escudo". Realbanknotes.com
  28. "Billete de 1 escudo". Realbanknotes.com
  29. "Billete de 5 escudos". Realbanknotes.com
  30. "Billete de 10 escudos (1962)". Realbanknotes.com
  31. "Billete de 50 escudos". Realbanknotes.com
  32. "Billete de 100 escudos". Realbanknotes.com
  33. "Billete de 500 escudos". Realbanknotes.com
  34. "Billete de 1.000 escudos". Realbanknotes.com
  35. "Billete de 5.000 escudos". Realbanknotes.com

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar