Para a antiga moeda de Chile, véxase Escudo chileno.

O escudo de armas de Chile é un dos símbolos nacionais do país e data do ano 1834. Foi deseñado polo artista inglés Charles Wood Taylor (1792-1856). O escudo está dividido en dúas parte iguais: a superior é azul e a inferior vermella. Hai unha estrela branca de cinco puntos no centro do escudo. A ámbolos dous lados do escudo atopamos un cóndor e un cervo andino, que levan cadansúa coroa dourada da mariña na cabeza, símbolo dos heroes do país no océano Pacífico.

Escudo de Chile
Detalles
ArmigerChile
Adoptado26 de xuño de 1834
CristaTres plumas en azur, prata e goles
TorsoAzur, prata e goles
DivisaPor la razón o la fuerza
(Pola razón ou a forza)

Escudos históricos editar