Escleraxonios

Escleraxonios
Scleraxonia
Subergorgiidae - Subergorgia mollis.jpg
Annella mollis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Anthozoa
Subclase: Octocorallia
Orde: Alcyonacea
Suborde: Scleraxonia
Studer, 1887

A dos escleraxonios (Scleraxonia) é unha suborde de cnidarios antozoos da subclase dos octocoraliarios e orde dos alcionáceos.[1]

Enmarcados comunmente entre os corais brandos, xa que carecen de esqueleto, como os corais duros da orde das escleractinias. Forman colonias de pólipos, unidos por unha masa carnosa de cenénquima, ou tecido común xerado por eles. Para darlle consistencia, ao careceren de esqueleto, o seu tecido contén espículas de calcita. As colonias teñen un axis (eixe), ou núcleo interno axial, composto predominantemente por espículas, que poden estar ou non unidas con calcita. Ocasionalmente, os escleritos poden encontrarse tamén en pólipos e na parte exterior das ramas.[2]

Son octocoraliarios cuxa alimentación pode ser tanto fotosintética, por medio das algas simbiontes zooxantelas nalgúns xéneros, ou atrapando plancto cos seus oito tentáculos, isto último especialmente nas especies non fotosintéticas que habitan a máis de 1 000 m de profundidade. Tamén se alimentan por absorción de materia orgánica dispersa na auga.

Esta suborde comprende familias que se achan en augas tropicais e subtropicais dos océanos Pacífico, Índico e Atlántico, incluído o mar Mediterráneo.[3]

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A suborde foi descrita en 1887 polo ornitólogo e biólogo mariño suízo Théophile Rudolphe Studer.[1]

EtimoloxíaEditar

O nome científico Scleraxonia está formado polos elementos do latín científico scler-, -axon- e -ia. O primeiro deriva do grego antigo σκληρός sclērós, "duro"; o segundo do grego antigo ἄξων áxōn, "eixe", e -ia é un sufixo indicando plural. Literalmente: "os que teñen un eixe duro".

FamiliasEditar

Na suborde recoñécense as seguintes familias:[1]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Scleraxonia Studer, 1887 no WoRMS. Consultado o 20 de agosto de 2020.
  2. Borneman, Eric H. (2001): Aquarium Corals: Selection, Husbandry and Natural History. Microcosm Ltd. ISBN 978-1-8900-8747-0, pp. 157-162.
  3. Scleraxonia Studer, 1887 en Ocean Biogeographic Information System (OBIS).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Cairns, S. D. et al. (2009): "Phylum Cnidaria: corals, medusae, hydroids, myxozoans", pp. 59-101, en: Gordon, D. P. (Ed.) New Zealand inventory of biodiversity: 1. Kingdom Animalia: Radiata, Lophotrochozoa, Deuterostomia. Christchurch: Canterbury University Press. ISBN 978-1-877257-72-8.
  • van Ofwegen, L.; Grasshoff, M. & van der Land, J. (2001): Octocorallia (excl. Pennatulacea), pp. 104-105, en: Costello, M .J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigosEditar