Coralíidos

(Redirección desde «Coralliidae»)

A dos coralíidos (Coralliidae) é unha familia de cnidarios antozoos da subclase dos octocoraliarios, orde dos alcionáceos e suborde dos escleraxonios.[1]

Corallium konojoi
Paracorallium japonicum

Enmarcados comunmente entre os corais brandos, xa que carecen de esqueleto, como os corais duros da orde das escleractinias. Forman colonias de pólipos, unidos por unha masa carnosa de cenénquima, ou tecido común xerado por eles. Para darlle consistencia, ao careceren de esqueleto, o seu tecido contén espículas de calcita.

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1812 polo biólogo e naturalista francés Jean Vincent Félix Lamouroux.[1]

Etimoloxía editar

O nome científico Coralliidae está formado, como é a norma, sobra a base da raíz Coralli-, do nome do seu xénero tipo, Corallium, coa adición do sufixo -ĭdae, propio das familias de animais.

Clasificación editar

A familia comprende 3 xéneros, con aproximadamente 30 especies de gorgonias con pólipos dimórficos e cun eixe composto de escleritos fusionados solidamente con calcita.

Estes tres xéneros son:[1]

Filoxenia editar

A familia aínda non foi obxecto dunha análise filoxenética.[2]

Actualmente estanse a realizar estudos que propoñen ao xénero Paracorallium Bayer & Cairns, 2003 como sinónimo de Corallium Cuvier, 1798.[3] E a día de hoxe (20 de agosto de 2020) o WoRMS aceptouno.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Coralliidae Lamouroux, 1812 no WoRMS. Consultado o 20 de agosto de 2020.
  2. Daly, M.; M. R. Brugler, P. Cartwright, A. G. Collins, M. N. Dawson, D. G. Fautin, S. C. France, C. S. McFadden, D. M. Opresko, E. Rodríquez, S. L. Romano & J. L. Stake. (2007). "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127–182.
  3. Ardila, Néstor E.; Gonzalo Giribet & Juan A. Sánchez (2012): "A time-calibrated molecular phylogeny of the precious corals: reconciling discrepancies in the taxonomic classification and insights into their evolutionary history". BMC Evol. Biol. 12: 246.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cairns, S. D. et al. (2009): "Phylum Cnidaria: corals, medusae, hydroids, myxozoans", pp. 59-101, en: Gordon, D. P. (Ed.) New Zealand inventory of biodiversity: 1. Kingdom Animalia: Radiata, Lophotrochozoa, Deuterostomia. Christchurch: Canterbury University Press. ISBN 978-1-877257-72-8.
  • van Ofwegen, L.; Grasshoff, M. & van der Land, J. (2001): Octocorallia (excl. Pennatulacea), pp. 104-105, en: Costello, M .J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar