Capela de Santa Marta do Burgo
A ermida de Nosa Señora da Asunción do Burgo[1], máis coñecida dende o século XVIII como capela de Santa Marta do Burgo[1][2][3][4], é unha capela do barrio costeiro do Burgo, na parroquia de Santa Mariña de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.[5]
Capela de Santa Marta do Burgo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | capela ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Baiona | |||
Parroquia | Baíña | |||
Lugar | O Burgo ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Arquitectura
editarConserva vestixios do románico de transición. Pódese datar de finais do século XII[Cómpre referencia] e comezos do XIII.[5]
É de planta rectangular cunha soa nave. A cuberta é a dúas augas. A fachada occidental ten unha porta de medio punto formada por 12 doelas, probablemente do século XVI. A espadana é sinxela e pequena, cun só oco. A porta sur e os canzorriños conservan o estilo románico. A sancristía foi engadida na reforma do XVIII.[5]
Ó longo do tempo sufriu moitas modificacións, debido a que foi saqueadas polos ingleses, entre eles o pirata Francis Drake en maio de 1585.[5]
Santa Marta
editarSanta Marta é venerada nesta capela con gran devoción. O día 15 de agosto, celébrase unha romaría. Santa Marta dálle nome á península, ó castro e á praia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Martínez Tamuxe, Xoán; Martínez Barbosa, Juan Ramón (2008). Santa Mariña de Baíña e o eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica. Comunidade de Montes de Baíña.
- ↑ Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2017-03-27). "IGREXA CAPELA DE SANTA MARTA DE O BURGO EN BAIONA PONTEVEDRA". Turgalicia. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ "Capela de Santa Marta de O Burgo (Baiona)". meetrural.com. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ "Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Delegación diocesana de Patrimonio (2008). Arciprestado de Miñor. Vigairía de Pastoral Tui-Vigo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela de Santa Marta do Burgo |