Eric Schweig
Eric Schweig, nado como Ray Dean Thrasher o 19 de xuño de 1967 en Inuvik, Territorios do Noroeste, Canadá, é un actor coñecido polo seu papel de fillo de Chingachgook, Uncas, en O derradeiro dos mohicanos (1992).
Eric Schweig | |
---|---|
Nome completo | Eric Schweig |
Nacemento | 19 de xuño de 1967 (55 anos) |
Lugar | Inuvik, Territorios do Noroeste, ![]() |
Nacionalidade | Canadá |
Profesión | Actor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dunha muller inuit e dun alemán, é o maior de sete irmáns que foron todos adoptados como parte dun programa de asimilación. A súa nai morreu de alcoholismo en 1989 e el nunca chegou a coñecela. Foi adoptado por unha parella inglesa, dos cales recibiu malos tratos.
Eric fuxiu a Toronto, Ontario e en 1987, ós vinte anos de idade, un produtor de cine suxeriulle que fixera unha audición para o filme The Shaman's Source. A pesar de non ter formación no mundo do teatro, gañou o papel. Ese primeiro filme foi o que o lanzou á industria cinematográfica.
Os seus papeis máis memorables son o de Uncas, no filme O derradeiro dos mohicanos, e o de Pike Dexter, no filme Big Eden.
FilmografíaEditar
Galardóns e nomeamentosEditar
- 2000: Gran Premio do Xurado no L.A. Outfest