Enterrádeme o corazón en Wounded Knee
Enterrádeme o corazón en Wounded Knee (en inglés: Bury My Heart at Wounded Knee) é un filme para televisión dirixido por Yves Simoneau que se estreou en 2007. Trátase dunha adaptación da novela homónima de Dee Brown, que á súa vez está baseada nos feitos reais que orixinaron o Masacre de Wounded Knee.
Enterrádeme o corazón en Wounded Knee | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bury My Heart at Wounded Knee |
Director | Yves Simoneau |
Produtor | HBO Films Traveler's Rest Films Wolf Films |
Guión | Daniel Giat |
Baseado en | Bury My Heart at Wounded Knee de Dee Brown |
Intérpretes | Aidan Quinn Anna Paquin Adam Beach August Schellenberg Colm Feore Eric Schweig J.K. Simmons Wes Studi Gordon Tootoosis Shaun Johnston Nathan Lee Chasing His Horse |
Música | George S. Clinton |
Fotografía | David Franco |
Montaxe | Michael D. Ornstein |
Estudio | HBO Films |
Distribuidora | HBO |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 133 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama Histórico, Bélica |
Na rede | |
http://www.hbo.com/films/burymyheart/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estreouse en galego na TVG o 17 de xaneiro de 2012.[1]
Sinopse
editarA historia comeza coa vitoria dos síux sobre o Xeneral Custer en Little Big Horn e desenvólvese dende a perspectiva de tres personaxes: Charles Eastman (Adam Beach), un xove médico educado polos brancos que é o exemplo vivente da integración; Touro Sentado (August Schellenberg), o xefe lakota que non se deixa someter pola autoridade dos policías do goberno de Estados Unidos que intentan quitarlles a súa propia identidade, a súa dignidade e as súas terras sagradas; e o senador Henry Dawes (Aidan Quinn), quen é un dos creadores da política relativa ós indios. Namentres Eastman e a profesora Elaine Goodale (Anna Paquin) traballan para mellorar a vida dos indios da reserva, o senador Dawes tenta convencer ó presidente Grant (Fred Thompson) para que lles dea un trato máis humano, fronte á proposta bélica do Xeneral William Tecumseh Sherman (Colm Feore). A esperanza reside para os indios na persoa do profeta Wovoka (Wes Studi) e a Danza dos espíritos, un movemento que promete a fin dos seus sufrimentos a causa do home branco. Esta esperanza é esmagada tralo asasinato de Touro Sentado e o masacre de centos de homes, mulleres e nenos indios polo sétimo de cabalería en Wounded Knee o 29 de decembro de 1890.
Personaxes
editar- Anna Paquin como Elaine Goodale
- Chevez Ezaneh como Ohiyesa/Charles Eastman xove
- August Schellenberg como Touro Sentado
- Aidan Quinn como o senador Henry L. Dawes
- Colm Feore como xeneral William Tecumseh Sherman
- Fred Thompson como o presidente Ulysses S. Grant
- Nathan Lee Chasing His Horse como One Bull
- Brian Stollery como Henry Benjamin Whipple
- Shaun Johnston como Nelson A. Miles
- Gordon Tootoosis como Nube Vermella
- Billy Merasty como Home xove temeroso
- Morris Birdyellowhead como American Horse
- Eddie Spears como Chasing Crane
- Sean Wei Mah como Bull Head
- Eric Schweig como Xefe Gall
- Jimmy Herman como Yellow Bird
- Patrick St. Esprit como James Morrow Walsh
- Adam Beach como Charles Eastman
- J.K. Simmons como James McLaughlin
- Wes Studi como Wovoka/Jack Wilson
- Marty Atonini como James W. Forsyth
- Lee Tergesen como Daniel F. Royer
Galardóns e nomeamentos
editar- 2007: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor miniserie ou filme para TV.
- 2007: Emmy: Mellor telefilme. 17 nomeamentos.
Notas
editar- ↑ "Enterrádeme o corazón en Wounded Knee na TVG". ABC. 11 de novembro de 2001. Consultado o 10 de agosto de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)