Abrir o menú principal

Wesley "Wes" Studi (en cherokee: ᏪᏌ ᏍᏚᏗ) nado en Nofire Hollow (Oklahoma) o 17 de decembro de 1947, é un actor amerindio de orixe cherokee que gañou fama internacional polos seus papeis en filmes de nativos americanos, como Dances with Wolves ou The Last of the Mohicans.

Wes Studi
WesStudi.jpg
Wes Studi no 2008.
Nome completoWesley "Wes" Studi
Nacemento17 de decembro de 1947 (71 anos)
LugarNofire Hollow, Oklahoma, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaCheroquis
Educado enTulsa Community College
Cónxuxe(s)Rebecca Graves (1974-?),
Maura Dhu (?-presente)
FillosDaniel Studi
ProfesiónActor
http://www.thestudigroup.com/
editar datos en Wikidata ]

Vida persoalEditar

Fillo de Maggie, unha ama de casa, e Andy Studie, un traballador nun rancho, Studi foi educado na Chilocco Indian Agricultural School en Oklahoma do Norte. Ata que ingresou na escola primaria, só falaba a lingua cherokee. En 1967, foi recrutado no Exército e serviu 18 meses na Guerra de Vietnam. Despois diso, Studi volveuse activo politicamente e participou no Incidente de Wounded Knee na Reserva india de Pine Ridge en 1973.[1]

Adicouse a dar clases de cherokee e escrita en silabario, e axudou a fundar un xornal en lingua cherokee. Entrou no negocio da gandería. Após de que o seu matrimonio rematase en divorcio, Studi deixou a gandería e comezou a estudar interpretación.

FilmografíaEditar

Ano Filme Papel Notas
1989 Powwow Highway Buff
1990 Dances with Wolves Xefe dos Pawnee
1991 The Doors Indio no deserto
1992 The Last of the Mohicans Magua
1993 Xerónimo Gerónimo
1993 The Broken Chain Seth / Chief / Speaker for the Tribes
1994 Street Fighter Victor Sagat
1995 Lone Justice 2 One Horse
Heat Detective Casals
Streets of Laredo Amigo indio de Pea Eye TV
1996 The Killing Jar Cameron
1997 Crazy Horse Nube Vermella TV
1998 Deep Rising Hanover
The Horse Whisperer garda do parque
Soundman Terry Leonard
1999 Mystery Men The Sphinx
2001 Ice Planet Commander Trager
Christmas in the Clouds Bingo Caller
Road to Redemption Frank Lightfoot
2002 Undisputed Mingo Pace
Skinwalkers Lt. Joe Leaphorn
2003 Edge of America Cuch
The Ugly One Mike
Coyote Waits Lt. Joe Leaphorn
2004 Echoes from Juniper Canyon Avó Voz
A Thief of Time Lt. Joe Leaphorn
2005 Into the West Black Kettle
Animal Creeper Voz
Miracle at Sage Creek Xefe Thomas
The New World Opechancanough
2006 Three Priests Ben
2007 Seraphim Falls Charon
Enterrádeme o corazón en Wounded Knee Wovoka
2008 Comanche Moon Buffalo Hump TV
2009 Avatar Eytukan
Trail of Tears Maior Ridge
Kings Xeneral Linus Abner
The Only Good Indian Sam Produtor Executivo

NotasEditar

  1. Lewis Beale (16 de decembro de 1993). "Wes (`Geronimo') Studi Wary Of Political Correctness". New York Daily News (Chicago Tribune). Consultado o 12 de decembro de 2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar