Masacre de Wounded Knee
O Masacre de Wounded Knee foi a última das grandes confrontacións entre os indios lakota e os Estados Unidos descrita a posteriori como un masacre polo Xeneral Nelson A. Miles nunha carta dirixida ó Comisionado de Asuntos Indios.
O 29 de decembro de 1890, cincocentos soldados do Sétimo de Cabalería apoiados por algunhas forzas auxiliares e unha metralladora rodearon o campamento lakota de Minneconjou coa orde de escoltar ós seus habitantes ata un tren que os deportaría a Omaha, Nebrasca. O comandante do sétimo levaba ordes de desarmar ós lakota antes de deportalos polo que posicionou as súas tropas moi preto deles. Na última fase do desarme iniciouse un tiroteo, cuxo inicio nunca foi aclarado, tivo como resultado vinte cinco soldados e cento trinta e cinco lakota mortos, (entre eles, sesenta e dous mulleres e nenos).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Masacre de Wounded Knee |
Outros artigosEditar
- Enterrádeme o corazón en Wounded Knee un filme baseado nos feitos.
- masacre de Wounded Knee de Alasca