Skins é o título dunha serie de televisión dramática británica. É un drama que segue as vivencias dun grupo de mozos en Bristol, ó suroeste de Inglaterra. A serie explora unha variedade de temas problématicos da xuventude actual tales como o uso de drogas e alcohol, a homofobia, a obesidade, o estrés postraumático, a anorexia nerviosa, a depresión psicótica, o autismo, o bullying, as familias desestruturadas, entre outras problemáticas frecuentes. Foi creado por Bryan Elsley e Jamie Brittain para Company Pictures. Foi retransmitida na súa totalidade pola canle británica E4.

Skins
XéneroDrama xuvenil
Creado porJamie Brittain e Bryan Elsley
Tema de aperturaSkins Theme
País de orixeInglaterra Inglaterra
Lingua(s)Inglés
Temporadas7
Episodios61
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Bryan Elsley
Charles Pattinson
George Faber
John Griffin
Produtor(es)Chris Clough
Matt Stevens
Localización(s)Inglaterra Bristol, Inglaterra
Duración40 minutos
Emisión orixinal
Formato de imaxeSDTV 576i (2007)
HDTV 1080i (2008-2013)
Formato de sonSurround
Primeiro episodio"Tony"
Na rede
https://www.channel4.com/programmes/skins
IMDB: tt0840196 Filmaffinity: 556666 Allocine: 3184 Metacritic: tv/skins TV.com: shows/skins
Facebook: skins Youtube: UCzRDbN7DlgKFC0lzO4YGxCw Netlix: 70140438 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi estreado na canle dixital E4 o 25 de xaneiro de 2007 e na Channel 4 o 21 de agosto do mesmo ano. Unha segunda tempada de dez episodios comezou a emitirse en E4 o 11 de febreiro de 2008 e tres días despois en Channel 4. Unha terceira entrega comezou o 22 de xaneiro e retransmitiuse os xoves en E4 no Reino Unido. En España comezouse a emitir na canle Buzz e tempo despois en Antena.Neox.

As temporadas 1 e 2 constaron dun elenco liderado por Tony Stonem (Nicholas Hoult). Terminadas as 2 primeiras temporadas, o equipo da serie decidiu cambiar o elenco de actores, dividindo ás personaxes en xeracións a razón de 2 temporadas cada unha. Para a 3 e a 4 temporada, o elenco de actores foi substituído na súa maioría, exceptuando a que sería a líder do novo elenco, a irmán de Tony, Effy Stonem (Kaya Scodelario) e a súa mellor amiga, Pandora Moon, "Panda" (Lisa Backwell). Pola súa parte, as temporadas 5 e 6 constan dun novo elenco de actores encabezado por Franky (Dakota Blue Richards) e Mini (Freya Mavor); non ten máis relación cas dúas xeracións previas que algúns detalles notorios. En xeral, mantéñense relativamente constante as mesmas personalidades, en novas personaxes. O 1 de xullo de 2013 empezou a sétima e última temporada da serie, unha temporada de despedida da serie que conta co retorno de Effy Stonem, Cassie Ainsworth e James Cook como protagonistas en tres historias individuales (Skins: FireSkins: Pure e Skins: Rise, respectivamente) divididas en dous episodios. Esta última temporada mostra a idade adulta de cada un dos protagonistas, as cales non foron ben recibidas pola crítica. Realizáronse numerosos capítulos con historias relacionadas coa trama principal que mostran acontecementos que nos capítulos emitidos non podemos ver. Entre as cancións que podemos escoitar na serie encontramos a grupos como Foals, Crystal Castles, e Yeah Yeah Yeahs entre outros.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar