Epitalamio
O epitalamio (do grego, sobre + leito nupcial) é un subxénero da lírica consistente en composicións referidas a vodas. Foi cultivado na Grecia Clásica, e foi posteriormente imitado na Roma Antiga. Adoitaban cantarse á porta da habitación dos noivos por coros de mozos e doncelas acompañados de frautas e outros instrumentos suaves e harmoniosos.
Historia
editarOs epitalamios ou cantos nupciais estaban xa en uso entre os hebreos nos tempos do rei David. Na Grecia Clásica comezou sendo unha sinxela aclamación ao deus Himeneo, cuxa palabra pasou a ser un accesorio do epitalamio, intercalando o seu nome no poema, expresando así o coro os votos a favor dos desposados. Compuxeron epitalamios Safo, Calímaco e Hesíodo, que fixo un para a voda de Tetis e Peleo.
O epitalamio latino iniciábase coa aclamación do deus das vodas Talasio. Mais despois dábase paso a versos fesceninos, con groserías e obscenidades, que estiveron en uso até o tempo de Catulo. Este poeta foi o primeiro dos latinos en tomar por modelo a Safo, substituíndo Talasio por Himeneo e mellorando a calidade dos epitalamios.
Trala idade media o xénero foi reabsorbido con outros de inspiración clásica polo Renacemento.
Un exemplo son as Letrillas de los labradores gallegos a los regios esposorios, unhas coplas en lingua galega de autoría descoñecida, que tratan sobre o matrimonio entre Fernando VII de España e María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1829.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bastús, J.: "¿Qué es un Epitalamio?", en El Trivio y el cuadrivio (1868).