Enxoval funerario

Un enxoval funerario, en arqueoloxía e antropoloxía, refírese ós obxectos colocados co corpo dos mortos na súa tumba, xa sexa mediante inhumación ou cremación.

Diadema do enxoval funerario do tesouro de Aliseda (Cáceres), arte tartesa (século -VII).

Suxiren a crenza nalgunha forma de vida despois da morte, xa que polo xeral, son bens persoais, provisións para achandar o camiño do defunto na outra vida ou ben, son ofrendas ós deuses. O enxoval funerario é un tipo de ofrenda votiva. A maioría dos enxovais funerarios recuperados polos arqueólogos son obxectos inorgánicos, tales como cerámica e utensilios de pedra e metal, pero existen probas de que tamén se colocaron obxectos orgánicos que se deterioraron dende que se colocaron nas tumbas.[1]

Evolución editar

Existen evidencias desta práctica, polo menos, dende o paleolico Medio. No Paleolítico Superior, atopáronse enxovais funerarios consistentes en cabeiros perforados de cervo, contas de cunchas mariñas ou algúns obxectos líticos con ocre vermello arredor dos ósos.

Foi así en lugares como as covas de Grimaldi (Italia), onde apareceu un raro chapeu parecido a un bonete con 3000 cunchas e de Cavillon (Francia), onde o esqueleto estaba cuberto con máis de 200 cunchas perforadas e 22 dentes de animais perforados arredor do pescozo, ademais de dous coitelos de pedernal e outro utensilio de hasta de cervo.

Foi moi común durante o Neolítico e na Idade de Bronce, onde obxectos como vasos de incenso, utensilios de sílex, dagas ou colares depositábanse en recipientes de cerámica, que se colocaban nas tumbas.

Algúns dos máis famosos e ben conservados enxovais funerarios son do Antigo Exipto. Alí, que dispuñan até do Libro dos mortos, onde se describía o percorrido do morto até a outra vida, o pensamento da época era moi forte na crenza de que a vida no Máis aló transcorría de maneira semellante á vida neste mundo, polo que os bens depositados nas súas tumbas poderían ser usados polo defunto na vida futura. Tamén pintaban imaxes que presentaba o goce da vida terreal do defunto, os seus traballos e a súa estancia en compaña da súa familia; ás veces, incluíanse figuras de serventes, chamados ushebti, coa intención de que os servisen na súa vida futura. O enxoval funerario do faraón Tutankhamon é famoso porque foi unha das poucas tumbas exipcias que non fora saqueada antes do seu descubrimento por Howard Carter.

Notas editar

  1. Morris, Ian, Death-Ritual and Social Structure in Classical Antiquity (Rituales mortuorios y estructura social en la Antigüedad Clásica)(Cambridge, 1992; ISBN 0521376114)(en inglés)