Enxeñaría financeira

un campo no que se misturan diversas disciplinas como as matemáticas financeiras, os métodos numéricos e a simulación por ordenador para tomar decisións de investimentos, cobertura de riscos e facilitar a xestión do risco das decisións tomadas

Enxeñería financeira ou finanzas computacionais é un campo no que se mesturan diversas disciplinas como as matemáticas financeiras, os métodos numéricos e a simulación por ordenador para tomar decisións de investimentos, cobertura de riscos e facilitar a xestión do risco das decisións tomadas. Utilizando diferentes métodos, os profesionais desta especialidade tentan determinar os riscos financeiros dos produtos que eles crean.

Áreas de aplicación

editar

Algunhas das áreas nas que as técnicas de enxeñería financeira se empregan son:

Enxeñeiros financeiros

editar

Algunhas das persoas que máis contribuíron ao campo son:

Normalmente, as persoas que desempeñan traballos neste campo son coñecidos como analista cuantitativos ou ‘'quants’’. Os coñecementos mínimos que se necesitan para poder aspirar a un traballo como analista cuantitativo son, entre outros, programación en C++ e matemáticas, e en particular nos campos do cálculo estocástico, cálculo multivariante, álxebra, ecuacións diferenciais, teoría da probabilidade e inferencia estatística. A linguaxe C++ converteuse na linguaxe dominante por dous motivos: a natureza computacionalmente intensiva de moitos algoritmos e o enfoque a librerías máis que a aplicacións.

Os postos de enxeñeiro financeiro foron tradicionalmente ocupados por doutores en finanzas, físicas e matemáticas que se pasaron a este campo dende postos máis académicos. Non obstante, na actualidade unha formación en informática é tamén útil.

Hoxe en día, moitas entidades financeiras contan con profesionais da enxeñería financeira nos seus cadros de persoal. Moitas empresas contan cuns poucos empregados, pero outras poden chegar a ter milleiros de profesionais especializados. JPMorgan Chase & Co. foi unha das primeiras firmas en crear un negocio de derivados extenso e empregar enxeñeiros financeiros.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar