Enrique Alvarellos

músico, escritor e editor galego
(Redirección desde «Enrique Alvarellos Iglesias»)

Enrique Antonio Iglesias Alvarellos, coñecido como Enrique Alvarellos, nado na Coruña o 30 de abril de 1931 e finado en Lugo o 2 de xuño de 2004, foi un músico, escritor e editor galego.

Enrique Alvarellos
Nacemento30 de abril de 1931
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento2 de xuño de 2004
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico, editor e escritor
editar datos en Wikidata ]
Non confundir con Henrique Alvarellos, o seu fillo

Traxectoria Editar

Estudou no Seminario de Lugo Humanidades e Música. Ligado ao mundo da música fundou en 1961 o coro Entre Silveiras e en 1981 o orfeón Xoán Montes e compuxo arredor de 50 pezas musicais. En 1963 organizou a Academia Alvarellos para o ensino da mecanografía seguindo un método propio. En xuño de 1977 fundou a Editorial Alvarellos.

Obra en galego Editar

Narrativa
  • Botei 40 anos, 1977, Alvarellos.
Poesía
  • Cen anacos, 1977.
Ensaio
  • Agrupacións corais de Galicia, 1992.
  • Mulleres destacadas de Galicia, con 1.225 entradas, 1993, Alvarellos, ISBN 84-85311-96-5.
  • 70 anos en clave de fa, 2001.
Humor
  • Cen caras de españois, 1983.

Obra en castelán Editar

Ensaio
  • Bandas de Música de Galicia, 1986.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar