Emily en París[2] (en inglés: Emily in Paris) é unha serie de televisión estadounidense creada por Darren Star para Netflix. Ambientada e rodada en París, a serie está protagonizada por Lily Collins no papel de Emily, unha estadounidense que se muda a Francia para achegar un punto de vista estadounidense a Savoir, unha empresa de mercadotecnia francesa. Alí, ela loita por triunfar no lugar de traballo mentres busca o amor e experimenta un choque cultural coa súa educación "aburrida" e mundana do Medio Oeste dos Estados Unidos.[3] O resto do elenco está composto por Philippine Leroy-Beaulieu, Ashley Park, Lucas Bravo, Samuel Arnold, Bruno Gouery, Camille Razat e William Abadie.

Emily en París
Formato
  • Drama
  • Comedia romántica[1]
Creado porDarren Star
Desenvolvido por
Intérpretes
Tema de aperturaJames Newton Howard
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés e francés
Temporadas3
Episodios30
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Illa de Francia, Francia
CámaraUnha cámara
Duración24–38 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Formato de imaxe4K UHDTV
Primeiro episodio2 de outubro de 2020
Derradeiro episodiopresente
Na rede
https://www.netflix.com/title/81037371
IMDB: tt8962124 Allocine: 22796 Rottentomatoes: tv/emily_in_paris Metacritic: tv/emily-in-paris
Facebook: Emilyinparistv Instagram: emilyinparis Netlix: 81037371Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Producida por MTV Entertainment Studios e desenvolvida orixinalmente por Paramount Network, onde recibiu un pedido directo de serie en setembro de 2018, a serie trasladouse a Netflix en xullo de 2020. A rodaxe ten lugar en Illa de Francia, principalmente en París e os seus suburbios, e comezou en agosto de 2019.

Emily en París estreouse en Netflix o 2 de outubro de 2020, onde conta con opción de subtitulado en galego traducida por Abraham Díaz.[4] Conseguiu valoracións positivas por parte da crítica nos Estados Unidos, mais non así en Francia onde foi condenando por estereotipar negativamente aos parisienses e aos franceses.[5]

Personaxes editar

Estrea editar

A primeira tempada da serie estreouse en Netflix o 2 de outubro de 2020.[5] A segunda tempada estreouse o 22 de decembro de 2021.[6]

Notas editar

  1. Shaffer, Claire (16 de setembro de 2020). "Lily Collins Navigates a New French Life in 'Emily in Paris' Trailer". Rolling Stone. Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  2. pipocas.amesa.gal (ed.). "Emily en París". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  3. Keating, Shannon (6 de outubro de 2020). ""Emily In Paris" Is Bad, And Not In A Fun Way". BuzzFeed News. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  4. @abrahamdilo (ed.). "Terceira tempada de Emily en París". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 Swift, Andy (1 de setembro de 2020). "Emily in Paris Gets October Premiere Date on Netflix — Watch First Trailer". TVLine. Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  6. Del Rosario, Alexandra (25 de setembro de 2021). "'Emily In Paris': Netflix Sets Season 2 Premiere Date For Lily Collins Comedy, Releases Teaser – Netflix Tudum". Deadline Hollywood. Consultado o 25 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar