Elena Sorolla

escultora e pintora española

Elena Sorolla García (quen asinaba como Helena),[1] nada en Valencia o 12 de xullo de 1895 e finada en Alaior (Menorca) o 16 de marzo de 1975,[2] foi unha escultora e pintora española. Dedicou a súa mocidade á escultura, mais abandonou a súa breve carreira para dedicarse á súa familia. As máis das súas obras forman parte de coleccións particulares, agás algunhas que pertencen ao Museo Sorolla de Madrid.

Elena Sorolla
Elena vestida con túnica amarilla by Joaquín Sorolla, 1909.jpg
Nome completoElena Sorolla i García
Nacemento12 de xuño de 1895
Lugar de nacementoValencia
Falecemento17 de marzo de 1975 e 16 de marzo de 1975
Lugar de falecementoAlaior
SoterradaCementeri General de València
NacionalidadeEspaña
Alma máterInstitución Libre de Enseñanza
Ocupaciónpintora e escultora
PaiJoaquín Sorolla y Bastida
NaiClotilde García del Castillo
IrmánsMaría Sorolla García e Joaquín Sorolla García
Na rede
WikiTree: Sorolla_García-4 Find a Grave: 88451023 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi a filla máis nova de Joaquín Sorolla y Bastida e Clotilde García del Castillo.[3] Estudou na Institución Libre de Ensino. Desde unha idade moi temperá empezou a interesarse pola escultura, fronte os seus irmáns máis vellos María e Joaquín, que cultivaron a pintura. Entre os seus mestres atopábanse José Capuz e Mariano Benlliure, quen pertencían ao círculo do seu pai.[4] Así mesmo, asistiu ao estudo onde traballaban o alumnado do seu pai.

Produciu a maior parte da súa obra entre 1916 e 1926. Participou en varias exposicións e certames en España, como a Exposición de Arte Joven Valenciano en 1917, unha exposición no Musée de l'Hotel de la Ville de Bordeos en 1919 e a Exposición de Arte de 1922 celebrada no Palau de les Belles Arts-Parc de la Ciutadella de Barcelona, organizada pola Junta Municipal de Exposiciones. En 1926 realizou xunto á súa irmá María a única exposición persoal conxunta no Lyceum Club Feminino de Madrid, que entre 1926 e 1936 serviu como centro asociativo das mulleres cultas da cidade.[5]

En 1922 contraeu matrimonio con Victoriano Lorente, enxeñeiro de camiños. Tiveron sete fillos: José María, Elena, Alberto, Victoriano, Manolo, Joaquín e Mercedes.[6] Deixou de lado a súa produción artística debido á súa dedicación á familia e aos cambios de residencia. Porén, realizou retratos dos seus fillos e un busto de cada un deles.[5][3][7]

As súas temáticas favoritas foron o retrato e o corpo femenino, e traballou con mármore, bronce e madeira.[8][3] A súa obra destaca pola súa gran calidade técnica, cunha alta fidelidade dos trazos persoais.[5]

Elena na obra de Joaquín Sorolla e outros artistasEditar

Joaquín Sorolla pintouna en varias das súas obras, como Elena con túnica amarela[3] ou Elena na praia, ambos de 1909, ou xunto á súa irmá en María e Elena na praia (1904).[9][10] A primeira vez que o seu pai a retratou foi na obra Nai (1900), en que a súa cabeza sobresae das sabas xunto á súa nai Clotilde.[6]

Tamén José Capuz realizou un retrato escultórico de Elena en 1921, pouco antes de ela casar, que se expón no Museo Sorolla.[3][5]

LegadoEditar

Na súa casa familiar quedaron expostas moitas das súas obras. Os seus herdeiros doaron trece pezas á Fundación Sorolla e renovaron o seu depósito no Museo Sorolla.[6] En 2014 o Consorcio de Museos, a través da Institución Joaquín Sorolla de Investigación e Estudos, realizou a primeira exposición monográfica sobre ela, «Helena Sorolla Escultora 1895-1975», no Centre del Carme de Valencia.[3][1] En 2015 o Museo Sorolla organizou unha exposición e talleres infantís sobre ela con motivo do Día da Muller, na que se expuxeron 13 obras da escultora e un retrato.[6][7]

ObrasEditar

  • Espido feminino (ca. 1915-1926)
  • Rapariga sentada (ca. 1915-1929)
  • Busto de muller (1921)
  • Sevillana bailando (1915)
  • Xitana (ca. 1915-1922)
  • Francisco Pons-Sorolla neno (ca.1920)
  • Espido feminino recostado (1919)
  • Fachendosa (ca. 1915-1919)
  • Espido de muller (ca. 1915-1921)
  • Saeta (ca. 1919)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "El Museo Sorolla presenta la obra escultórica de Helena Sorolla, hija del pintor". Ministerio de Cultura y Deporte (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2022. Consultado o 6 de decembro de 2022. 
  2. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (xuño de 2013). "Helena Sorolla García, escultora" (PDF). Pieza del mes (en castelán) (Madrid: Museo Sorolla): 9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Borrás, Daniel (28 de febreiro de 2014). "Helena Sorolla, la hija del artista". El Mundo (en castelán) (València: Unidad Editorial). Consultado o 6 de decembro de 2022. 
  4. Azcue Brea, Leticia (2020). "Escultoras españolas entre 1833 y 1931, casi una ficción: "El caso extraño de una señorita, exponiendo en 1887 en la sección de escultura"". En García Navarro, Carlos. Invitadas: fragmentos sobre mujeres, ideología y artes plásticas en España (1833-1931) (en castelán). Madrid: Museo Nacional del Prado. pp. 352–363. ISBN 9788484805441. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Rius Vernet, Núria. "Elena Sorolla García". Diccionari biogràfic de dones (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Helena, la hija escultora de Joaquín Sorolla". ABC (en castelán) (Vocento). 2 de marzo de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Helena Sorolla en la casa museo familiar, talento de apellido al cincel". RTVE (en castelán). 2 de marzo de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2022. 
  8. "El Museo Sorolla expone la obra de Helena Sorolla por el Día de la Mujer". elDiario.es (en castelán) (Madrid). EFE. 2 de marzo de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2022. 
  9. "Exposición: Elena Sorolla en la playa". djaa - Solo cultura, Valencia, arte e historia (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  10. "María y Elena en la playa". Red Digital de Colecciones de Museos de España (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2017. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Antolín Paz, Mario; Morales y Marín, José Luis; Rincón García, Wifredo (1994). Diccionario de Pintores y Escultores Españoles del siglo XX (en castelán). Madrid: Forum Artis. ISBN 9788488836007. 
  • Fontbona, Francesc (2002). Repertori de catàlegs d’exposicions col·lectives d’art a Catalunya: fins a l’any 1938. Memòries Secció Històrico-Arqueològica (en catalán) 59. Barcelona: Institut d’Estudis Catalans. 
  • García Navarro, Carlos (2020). Invitadas. Fragmentos sobre mujeres, ideología y artes plásticas en España (1833-1931). Catálogo de la exposición (en castelán). Madrid: Museo del Prado de Madrid. ISBN 9788484805441. 
  • Ibiza i Osca, Vicent (2006). Obra de mujeres artistas en los museos españoles. Guía de pintoras y escultoras (1500-1936). Interciencias (en castelán) 31. Valencia: Centro Francisco Tomás y Valiente. UNED Valencia. ISBN 9788495484697. 
  • La Ben Plantada. El Noucentisme (1906-2006). Catàleg de l’exposició. Barcelona: Gicav. 2006. ISBN 9788493438692. 
  • Reexistencias. Escultoras del siglo XX. Catálogo de la exposición (en castelán). Madrid: Comunidad de Madrid. Publicaciones Oficiales. 2006. ISBN 9788445128824. 

Ligazóns externasEditar