À Punt Mèdia

El espacio público de comunicación valenciano

À Punt Mèdia, é o nome comercial polo que se coñece á Sociedade Limitada de Medios de comunicación da Comunidade Valenciana S. A (acurtado como à Punt Mèdia SAMC), é o grupo de medios de comunicación públicos do País Valenciano, que dirixe a Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació que exerce a función de servizo público de radio e televisión públicas. Os seus obxectivos sociais inclúen a mercadotecnia, a publicidade dos seus produtos ou servizos e a formación e investigación no audiovisual. A xornalista Empar Marco é a súa directora dende o 2017.

à Punt Mèdia
Inicio das emisións 5 de abril de 2017
Propiedade de Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació
Slogan O espazo público de comunicación das valencianas e os valencianos
Lingua Flag of the Land of Valencia (official) Valenciano

Na rede
http://www.apuntmedia.com/

Historia e creación de contidos editar

 
Frecuencias de À Punt FM.

Presentáronse máis de 800 ofertas de programación e no mes de agosto de 2016 coñeceuse o contido seleccionado para os medios de comunicación. A selección fíxose tendo en conta criterios de interese, orixinalidade e calidade; o uso do valenciano; que estivese feito por valencianos e no País Valenciano; e a súa viabilidade financeira.

O día 8 de marzo de 2017, a Generalitat Valenciana publicou unha nota de prensa informando do nome escollido polo Consell Rector do CVMC de entre 82 propostas que lles chegaran. Popularmente, espallouse que o nome sería à. e à.mèdia, pero a directora Empar Marco dixo que o estaban a estudar e que, talvez, podería cambiar ao longo do traballo dos publicistas. Aínda que o logotipo só presenta un à, escríbese como À Punt, À Punt FM ou À Punt Mèdia.

La Colla será o nome do club infantil para as canles de televisión e radio de À Punt Mèdia. Presentouse por primeira vez, na carta de valores para os contidos infantís e xuvenís, o día 16 de xullo na Corporació Valenciana de Mitjans de Comunicació.[1]

O 11 de decembro de 2017, comezaron as emisións de À Punto Radio con dez programas que implican 28 horas de contidos semanais que se completan con espazos adicados á música e repeticións de programas. O programa de variedades Al Ras retransmite cada mañá, de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas, presentado por Jèssica Crespo. Cada vernes, o programa sae de Burjassot para gravar en diferentes aldeas.[2] Outro programa 'principal', é o Territori Sonor, un programa de variedades musicais, presentado por Amalia Garrigos, cara e voz principal da antiga Radiotelevisió Valenciana.[3] Así mesmo, hai programas semanais dedicados ao medio ambiente, a comida, animais, concursos, literatura, e a educación, entre outros.[4]

O 18 de decembro de 2017 lanzouse o sitio web oficial de À Punt Mèdia, onde se poden ouvir todos os "podcasts" dos programas emitidos en À Punt Radio. Nel pódense consultar a programación, e noticias sobre à Punt Mèdia xunto cunha sección infantil: La Colla. [5] Nese mesmo día, acometeuse o lanzamento dunha campaña de publicidade en diferentes medios de comunicación e en medios dixitais para dar a coñecer o espazo público de comunicación pública do País Valenciano. Desde días antes, a marca de À Punt xa se puido ver nos paneis publicitarios do terroritorio valenciano. A partir dese mesmo día comezou a publicidade na web e na radio, só da Generalitat Valenciana.[6]

Televisión editar

A televisión pública valenciana terá tres canles que emitirán en aberto pola TDT, a través das frecuencias polas que emitían anteriormente Canal Nou e Nova Canle de Dous, así como tamén en Internet. A primeira canle está orientada para o gran público; a segunda temática e informativa; e a terceira está dedicada ao público infantil. Este última transmitirase exclusivamente a través de Internet.

Chegouse a un acordo de reprocidade entre a Corporació Valenciana coas canles públicas de Cataluña (CCMA) , Illes balears (EPRTVIB), no que se especifica que se emitirán en cada comunidade autónoma os contidos de cada corporación.

Canles editar

Logotipo Canle Formato de imaxe Medios de emisión Comezo da emisión
  à Punt

Canle xeneralista.

HD TDT e Internet 10 de xuño de 2018
- Aínda por determinar

Canle temática e informativa.

TDT e Internet -

Radio editar

A radio valenciana componse de dúas estacións: unha orientada ao gran público, con noticias, entretemento, ficción, faladoiros e deporte; e outra temática para a música e a cultura en valenciano. Emiten a través das frecuencias polas que retransmetían anteriormente Nou Ràdio, e Sí Ràdio.

Logotipo Canle Formato de son Medios de emisión Comezo das emisións
  À Punt FM

Canle xeneralista.

AAC FM, TDT e Internet 11 de decembro de 2017
- Aínda por definir

Canle temática.

- FM, TDT e Internet -

Multimedia editar

Os contidos emítense tamén baixo demanda por medio das aplicacións web e móbiles oficiais e outras plataformas de terceiros como YouTube. Os contidos son principalmente aqueles destinados a nenos, xunto co material "transmedia" que complementa o contido de transmisión por radio.[7]

Notas editar

  1. Carta de valors d'à Punt Mèdia.
  2. apunt-admin «La ràdio ix de l'estudi i viatja a Alacant Arquivado 22 de decembro de 2017 en Wayback Machine.» (en ca-es). apuntmedia.es.
  3. «Amàlia Garrigós ens descobreix el nou "Territori Sonor" d'À Punt» (en ca). Tresdeu.com.
  4. Vázquez, Cristina «La radio pública À Punt se estrena con 28 horas de contenidos semanales» (en es). EL PAÍS, 10-12-2017.
  5. «La web de À Punt arranca con series de animación y acceso a la radio» (en es). Las Provincias, 18-12-2017.
  6. apunt-admin «À Punt activa el seu web i inicia la campanya de comunicació Arquivado 22 de decembro de 2017 en Wayback Machine.» (en ca-es). apuntmedia.es.
  7. Bonillo, Maria «Doraemon vuelve a la tele valenciana». Levante-EMV, 10-12-2017 [Consulta: 10 desembre 2017].

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar