Centre del Carme

espazo cultural e sala de exposicións

O Centre del Carme Cultura Contemporània (CCCC), dependente do Museu de Belles Arts de Valencia, é un espazo cultural situado no antigo convent del Carme da cidade de Valencia, sede do Consorcio de Museos da Generalitat Valenciana.

Centre del Carme
Tipomuseo, sala de exposição e residência criativa
Localización
EnderezoCarrer Museu, 2, 46003 València
EnEl Carme
PaísEspaña
39°28′47″N 0°22′44″O / 39.479694444444, -0.379
Na rede
https://www.consorcimuseus.gva.es/centro-del-carmen/
editar datos en Wikidata ]

As principais ocupacións do Centre del Carme consisten en exposicións de arte contemporánea e actividades culturais.

Historia

editar

A súa orixe como espazo cultural remóntase ao proceso de desamortización dos edificios eclesiásticos no século XIX. O antigo Convento do Carme pasou a mans da Reial Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles, que fundou en 1848 o primeiro Museo do Carme, antecedente do actual Museu de Belles Arts de Valencia.

En 1913 a xestión do museo pasou a mans do Estado. En 1946, como consecuencia dos danos que sufriu o edificio durante a Guerra Civil española, os fondos do museo foron trasladados ao edificio do colexio Sant Pius V, onde se atopan actualmente.

O convento do Carme quedou en estado de abandono ata a década de 1980. Foi restaurado paulatinamente e pasou a ser sede de varias institucións e a desempeñar funcións museísticas. Foi sede da Escola d'Arts i Oficis Artístics e subsede do Institut Valencià d'Art Modern (IVAM) como Centre del Carme. Foi considerado para albergar a Biblioteca Valenciana e, posteriormente, para instalar un Museo do século XIX. Actualmente funciona como centro de exposicións adscrito ao Museu de Belles Arts de Valencia. Foi declarado Monumento histórico-artístico en 1983.

O edificio

editar

O Convento do Carme, de época medieval, representa un conxunto conventual de primeiro nivel. O estado de conservación é bo, malia as adaptacións dos espazos para a función expositiva.

En 1924 encargóuselle unha ampliación ao arquitecto xatibín Lluís Ferreres Soler. Este proxectou a coñecida como Sala Ferreres, un espazo rectangular rodeado por outras salas máis pequenas. Tras a súa morte, Javier Goerlich vinculou a nova sala e o antigo edificio mediante a chamada Sala Goerlich.[1]