Elena Cornaro Piscopia

filósofa italiana

Elena Lucrezia Cornaro Piscopia, nada o 5 de xuño de 1646 e finada o 26 de xullo de 1648, foi unha filósofa italiana de ascendencia nobre, que se converteu nunha das primeiras mulleres en obter un grao académico dunha universidade[1] e en 1678, converteuse na primeira muller do mundo en recibir un doutoramento en filosofía.[2]

Elena Cornaro Piscopia
Nacemento5 de xuño de 1646
Lugar de nacementoPalazzo Loredan, Venecia, República de Venecia
Falecemento26 de xullo de 1684 (38 anos)
Lugar de falecementoPadua
Causatuberculose
Nacionalidadeitaliana
Alma máterUniversidade de Padua
OcupaciónFilósofa
PaiGiovan Battista Corner
editar datos en Wikidata ]

Elena tamén foi considerada unha música experta. Ademais de dominar o sciblis, o que significa que dominou case todo o coñecemento do seu tempo, Elena dominou o clavicémbalo, o clavicordio, a arpa e o violín. As súas habilidades musicais foron demostradas pola música que compuxo ó longo da súa vida.

Foi membro de numerosas academias e foi estimada en toda Europa polos seus logros e virtudes. En Hypatia's Heritage, Margaret Alic afirma que se converteu en profesora de matemáticas na Universidade de Padua en 1678.[3]

Legado Editar

A súa experiencia inspirou a Charles Patin, profesor de Medicina en Padua, para proporlle á súa filla máis vella, Gabrielle-Charlotte Patin que comezase os seus estudos na universidade, mais a universidade cambiou os seus estatutos para prohibir o ingreso das mulleres. A seguinte muller en doutorarse foi o de Laura Bassi en 1732, na Universidade de Boloña.[4]

Notas Editar

  1. Paul F. Grendler (1988). John W. O'Malley, ed. Schools, Seminaries, and Catechetical Instruction, in Catholicism in Early Modern History 1500-1700: A Guide to Research. Center for Information Research. p. 328. 
  2. "Elena Lucrezia Cornaro Piscopia". Agnesscott.edu. Consultado o 5 de setembro de 2013. 
  3. Alic, Margaret (1986). Hypatia's Heritage: A History of Women in Science from Antiquity through the Nineteenth Century. Boston: Beacon Press. 
  4. De Simone, M. R. (2003). "Admissions". En Ridder-Symoens, H.; Rüegg, W. (eds.). Universities in Early Modern Europe (1500–1800). A History of the University in Europe. 2. Cambridge University Press.Páxinas 296–297. ISBN 9780521541145

Véxase tamén Editar