Gabrielle-Charlotte Patin
Gabrielle-Charlotte Patin, nada en 1666 en París e finada en 1751, foi unha numismática e escritora francesa do século XVII.[1][2]
Gabrielle-Charlotte Patin | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1666 |
Lugar | ![]() ![]() |
Falecemento | 1751 (86 anos) |
Lugar | ![]() |
Nacionalidade | Francesa. |
Actividade | |
Campo | Numismática e literatura. |
Contribucións e premios | |
Coñecida por | Estudo sobre unha medalla de Caracalla. |
Membro da Academia Galileana de Ciencias, Letras e Artes (Accademia Ricovrati) | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Cabielle-Charlotte era neta do médico e coñecido esctitor epistolar Guy Patin, e a filla maior do tamén médico e numismático Charles Patin e da escritora moralista Madeleine Hommets. A súa irmá era Charlotte-Catherine Patin, unha muller de letras e crítica literaria.[3] Do mesmo xeito que a súa irmá, Gabrielle-Charlotte criouse na abadía de Port-Royal-des-Champs, ao suroeste de París, ata a primavera de 1679. No outono dese ano, as irmás trasladáronse inicialmente a Lión e despois a Turín. Jacob Spon foi quen se ocupou delas na súa viaxe a través dos Alpes ata Italia, onde á súa chegada llas confiou ao seu pai, Charles Patin. A familia estableceuse en Padua, logo de que o seu pai tivese que fuxir de Francia 1668, onde fora condenado a cadea perpetua en galeras por importar libros sediciosos.[4][5]
Gabrielle-Charlotte Patin publicou en Venecia un estudo en latín sobre a representación da fénix nunha medalla de Caracalla: De Phœnice in numismate imperatoris Caracallæ expressa epistola (1683). En 1679 foi admitida, baixo o nome de "Diserte", na Academia Galileana de Ciencias, Letras e Artes (Accademia Ricovrati), onde pronunciou en 1685 o seu panexírico de Luís XIV.[1][6][7]
En 1692 casou en Padua co conde Luigi Santapaulina, un monitor ecuestre da Accademia Delia.[2][3] Á morte do seu pai, acolleu no seu fogar a súa nai e a súa irmá. Logo do falecemento do seu marido, ela quedou en Padua coa súa nai, en tanto que a súa irmá se fixo monxa.[4] Gabrielle-Charlotte casou en segundas nupcias, en 1726, con Francesco Rosa.[3]
Patin morreu en 1751, aos 86 anos.[2]
PublicaciónsEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Gabrielle-Charlotte Patin". En Dictionnaire des Femmes de l'ancienne France. Société Internationale pour l’Étude des Femmes de l’Ancien Régime.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Benucci, F. (2008).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Gabrielle Charlotte Patin". Geneanet.
- ↑ 4,0 4,1 "Charlotte Catherine Patin: A Seventeenth-Century Female Art Historian?". Princeton University Library.
- ↑ "Patin (Charles) - Patin (Madelène Hommets)". En VV.AA (1823). Páxinas 124-128
- ↑ "Gabrielle-Carlotte". En VV.AA (1823). Páxina 128.
- ↑ "Patin (Charlotte-Catherine, et Gabrielle-Charlotte)". En Prudhomme, L. (1830). Páxinas 45-46
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabrielle-Charlotte Patin |
BibliografíaEditar
- Benucci, F. (2008). "Charles Patin: la casa, gli ultimi anni di vita a Padova, la famiglia". En Quaderni per la storia dell'università di Padova. Páxinas 3-81. ISSN 0078-7760
- Ivanoff. N. (1970). "La collezione Rosa-Patin ed alcuni artisti stranieri a Padova nel XVII secolo". En Arte veneta. Istituto di Storia dell'Arte. Università di Padova. Nº 23. Páxinas 236-238.
- Lesaunier, J.; McKenna, A. (2004). Dictionnaire de Port-Royal. París. Honoré Champion. ISBN 9782745310507
- Paas, J. R. (1989). "Sigmund von Birken and Gabrielle Charlotte Patin". En Daphnis. Vol. 18. Nº 3. Páxina 569. ISSN 0300-693X
- Prudhomme, L. (1830). Biographie Universelle et Historique des Femmes Célèbres. Tomo 4. París. Lebigre.
- VV.AA (1823). Biographie Universelle Ancienne et Moderne. Tomo 33. París. Michaud.