Eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020

As eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma do País Vasco.[1] As eleccións estaban previstas nun principio para celebrárense o 5 de abril de 2020, mais foron adiadas por mor da pandemia de COVID-19.[2] As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020
Data12 de xullo de 2020 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións ao Parlamento do País Vasco e evento afectado pola pandemia da COVID-19 Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido75 deputado do Parlamento do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Páxina web oficialeuskadi.eus… Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado1.794.316 Editar o valor em Wikidata
911.089
   50.78٪
Ponto percentual (pt) 9.24
Número de votos válidos904.342    Número de votos en branco 8.540   Número de votos nulos 6.747
Voting result (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
2>
EAJ  — Iñigo Urkullu
349.960   38.7٪
Ponto percentual (pt) 1.34
Deputado 28 → 31 Número de escanos 3
2>
EH Bildu  — Maddalen Iriarte
249.580   27.6٪
Ponto percentual (pt) 6.47
Deputado 18 → 21 Número de escanos 3
2>
Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra  — Idoia Mendia
122.248   13.52٪
Ponto percentual (pt) 1.66
Deputado 9 → 10 Número de escanos 1
2>
EP  — Miren Gorrotxategi
72.113   7.97٪
Ponto percentual (pt) 6.79
Deputado 11 → 6 Número de escanos 5
2>
PP+Cs  — Carlos Iturgaiz
60.650   6.71٪
Deputado 6
VOX  — sen valor
17.569   1.94٪
Deputado 1

Editar o valor em Wikidata
Election of the 2020 lehendakari (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Iñigo UrkulluIñigo Urkullu Editar o valor em Wikidata
 ← 2016 (en) Traducir Editar o valor em WikidataPaís Vasco Editar o valor em Wikidata 2024 Editar o valor em Wikidata  → 

O 4 de febreiro de 2020, o Lehendakari Iñigo Urkullu debatiu a posibilidade dun adianto electoral dentro dunha reunión do gabinete, cumprindo un requisito legal anterior a calquera convocatoria electoral e provocando especulacións de que unhas eleccións autonómicas eran inminentes.[3][4][5] Seis días despois, o 10 de febreiro, Urkullu confirmou a data das eleccións para o 5 de abril, procurando distanciarse do panorama político en Cataluña despois dunha convocatoria de eleccións anunciada polo presidente da Generalitat Quim Torra.[6][7][8] O anuncio das eleccións vascas provocou que o presidente de Galicia Alberto Núñez Feijóo convocase tamén as eleccións de maneira anticipada.[9][10] Porén, o 16 de marzo anunciouse que as eleccións serían adiadas por mor da pandemia de COVID-19 en España, pouco despois de que o Presidente do Goberno de España Pedro Sánchez declarase o confinamento nacional o día anterior.[2][11][12]

O Partido Nacionalista Vasco de Urkullu mantivo o seu dominio como partido máis votado no Parlamento Vasco, obtendo o seu mellor resultado dende 1984, o cal sumado ó incremento de apoio do seu socio na lexislatura anterior, o Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra, permitiulle a Urkullu estabelecer unha maioría de goberno en coalición. O partido de esquerda nacionalista EH Bildu conseguiu o seu maior resultado histórico, beneficiándose do colapso de Elkarrekin Podemos, que perdeu case a metade de apoios. A alianza PP+Cs composta do Partido Popular do País Vasco (PP) e Cidadáns (Cs) perdeu case a metade dos escanos que o PP tiña nas eleccións de 2016. O partido de extrema dereita españolsta Vox entrou no Parlamento por vez primeira cun só escano.

Notas editar

  1. "Urkullu convoca un Consejo de Gobierno extraordinario para anunciar la celebración de elecciones vascas el 12 de julio". eldiario.es (en castelán). 18 de maio de 2020. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Urkullu suspende las elecciones del 5 de abril apoyado en un informe jurídico que desaconseja su celebración". eldiario.es (en castelán). 16 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  3. "El lehendakari baraja el 5 de abril como fecha para las elecciones vascas" (en castelán). EiTB. 5 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  4. "El lehendakari ultima un inminente adelanto electoral al pedir la preceptiva opinión a todos sus consejeros". El Mundo (en castelán). 4 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  5. "Urkullu sopesa un adelanto electoral en el País Vasco". La Vanguardia (en castelán). 4 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  6. "Urkullu ve en el adelanto electoral una vía de escape a la corrupción y el impacto catalán". El Confidencial (en castelán). 9 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de febreiro de 2020. 
  7. "Urkullu da por finalizada la legislatura vasca y convoca elecciones para el 5 de abril". eldiario.es (en castelán). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  8. "Urkullu adelanta las elecciones vascas al 5 de abril". El País (en castelán). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  9. "Feijoo decide hacer coincidir las elecciones gallegas y vascas". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  10. "Urkullu y Feijóo coordinan las elecciones para alejarse de Torra y vender estabilidad". El Confidencial (en castelán). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  11. "Feijóo y Pedro Sánchez coinciden en que se deben aplazar las elecciones gallegas" (en castelán). Cadena SER. 15 de marzo de 2020. Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  12. "Sánchez deja en manos de Urkullu y Feijóo la decisión de aplazar las urnas". ABC (en castelán). 15 de marzo de 2020. Consultado o 15 de marzo de 2020.