Maddalen Iriarte

política española

Maddalen Iriarte Okiñena, nada en Donostia en 1963 é unha xornalista e política vasca, voceira de EH Bildu no Parlamento Vasco.

Maddalen Iriarte
Nome completoMaddalen Iriarte Okiñena
Nacemento23 de xaneiro de 1963
Lugar de nacementoDonostia
NacionalidadeEspaña
Alma máterSanto Tomas Lizeoa e Universidade do País Vasco
Ocupaciónxornalista e política
CónxuxeJoseba Balerdi
IrmánsNerea Iriarte
Coñecida porsen etiquetar e sen etiquetar
PremiosPremio Argia e Premio Argia
Na rede
Twitter: maddaleniriarte Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Realizou a súa traxectoria profesional en éuscaro. Antes do seu paso á política, foi directora e presentadora do programa Azpimarra da televisión pública vasca.[1] Comprometida con iniciativas políticas e sociais pola paz e a igualdade, non está afiliada a ningún partido político.[2] Encabezou a candidatura de EH Bildu pola circunscrición de Guipúscoa nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2016,[3] e foi a candidata a Lehendakari do partido da esquerda abertzale nas eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020.[4]

Traxectoria editar

Naceu en Donostia e estudou Dereito, aínda que desde moza decantouse polos medios de comunicación.

Traxectoria profesional editar

Empezou a súa carreira xornalística en 1981, con só 18 anos na radio Loiola Herri Irratia (Radio Popular) cando era estudante de Dereito.[5][6]

En 1986 pasou á televisión, tras aprobar as oposicións, e incorporouse a Euskal Irrati Telebista (EITB) onde foi presentadora e editora do informativo Gaur Egun até 2009.[7] Tamén foi presentadora e directora de programas nos procesos electorais, ademais de conducir os programas de información e debate Ados?, Gau-on e Azpimarra, en ETB 1.

En prensa escrita, Iriarte é colaboradora habitual de Zazpika (dominical de Gara) e escribiu columnas en Egunkaria, Berria, Noticias de Gipuzkoa e Deia.

Traxectoria política editar

Iriarte estivo comprometida ao longo da súa traxectoria en numeras iniciativas políticas e sociais relacionadas coa paz no País Vasco e a igualdade de xénero.

Denunciou sumarios como o 35/02 das herriko tabernas, e en 2006 colaborou con Ahotsak, a iniciativa de decenas de mulleres de diversas sensibilidades políticas a favor da paz.

En 2014 foi unha das primeiras persoas recoñecidas en dar o seu apoio e anunciar a participación na cadea humana a favor do dereito a decidir organizada por Gure Esku Dago.[5]

En marzo de 2015 foi a encargada de presentar o acto de despedida que Lokarri celebrou en Bilbao.[5]

O 13 de agosto de 2016 pasou á política sen afiliación previa a ningún partido, e foi presentada oficialmente candidata para as eleccións autonómicas vascas do 25 de setembro no posto número dous da lista EH Bildu pola cincunscripción de Guipúscoa que encabezaba Arnaldo Otegi.[2][8][9] Tras a decisión da Xunta Electoral, avalada polo Tribunal Constitucional, de retirar a Otegi das listas debido á súa inhabilitación, pasou a encabezala Iriarte.[10]

Tras obter a súa acta de parlamentaria, EH Bildu designouna voceira do grupo parlamentario, así como a súa candidata a lehendakari no pleno de investidura.[11]

Premios e recoñecementos editar

  • 1990, Premio Argia.
  • 1993, Premio Emakunde.
  • 1999, Premio Iparraguirre.
  • 2013, Premio Argia.

Televisión editar

  • Ados (ETB 1)
  • Euskadi zuzenean (ETB 1)
  • Gaur egun (ETB 1)
  • Azpimarra (ETB 1)

Notas editar