Eladia Pedrayo

muller da burguesía galega
(Redirección desde «Eladia Pedrayo Ansoar»)


María Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, nada en Ourense o 18 de febreiro de 1859 e finada en Ourense o 4 de febreiro de 1957, foi un membro da burguesía ourensá da época, máis coñecida por ser a nai de Ramón Otero Pedrayo.

Infotaula de personaEladia Pedrayo

Eladia Pedrayo e Enrique Otero.
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1859 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de febreiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEnrique Otero Sotelo Editar o valor em Wikidata
FillosRamón Otero Pedrayo Editar o valor em Wikidata
PaisRamón Pedrayo Silva Editar o valor em Wikidata  e Antonia Ansoar Rañoy Editar o valor em Wikidata
IrmánsRicardo Pedrayo Ansoar, María de las Nieves Pedrayo Ansoar e Lucila Pedrayo Ansoar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada en Ourense, foi bautizada como Eladia Ramona na igrexa de Santa Eufemia do Centro o 19 de febreiro de 1859.[1] Era filla do avogado ourensán Ramón Mª Pedrayo Silva, que tivo o seu bufete nun dos edificios da Praza Maior de Ourense, foi decano da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, presidente do Casino de Ourense[1] e mesmo chegou a ser alcalde da cidade en 1860.[2] A súa nai, Antonia Ansoar, morreu con 38 anos, deixando orfa de mai a Eladia cando esta non tiña seis anos, no ano 1864.[3] Eladia tivo tres irmáns: Ricardo, Nieves e Lucila.[1]

Casou con Enrique Otero Sotelo en 1883. Segundo afirma Ramón Otero Pedrayo a parella tivera un fillo anterior a el mesmo, pero este morrera ao pouco de nacer.[4] Enviuvou o 28 de maio de 1904.[2] Logo da morte do seu esposo fíxose cargo do goberno da casa e rendas da familia en Trasalba.

Faleceu cando lle faltaba pouco para cumprir os 98 anos, o 4 de febreiro de 1957. A súa saúde empeorara logo dunha caída no xardín de Trasalba tras a que tivo que ser hospitalizada. Foi soterrada no Cemiterio de San Francisco de Ourense[1] coa presenza de numerosas personalidades vindas de diferentes puntos de Galicia. Tamén se estableceu a suspensión das aulas no Instituto de Ourense en sinal de loito.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Otero Pedrayo, Ramón (2007). "Introdución". En Patricia Chachero Arias; Mónica Pazos Martínez. Cartas á nai. Galaxia. pp. 11–39. ISBN 978-84-7154-106-2. 
  2. 2,0 2,1 "O neno. A familia.". Fundación Otero Pedrayo. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  3. Otero Pedrayo, Ramón (2007). Patricia Chachero Arias; Mónica Pazos Martínez, eds. Cartas á nai. Galaxia. ISBN 978-84-7154-106-2. 
  4. Documento inédito, Fondo Otero Pedrayo, Fundación Penzol, Vigo citado en Chachero Arias, Patricia; Pazos Martínez, Mónica (2007). "Introdución". Cartas á nai. Galaxia. p. 17. ISBN 978-84-7154-106-2. 
  5. "Sepelio de dona Eladia Pedrayo Ansoar". El Pueblo Gallego (10 883). 6 de febreiro de 1957. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar