El Peyote Asesino

El Peyote Asesino é unha banda de rock uruguaio de hip hop, rap e funk. Formouse a mediados de 1994 no barrio Villa Española de Montevideo e debutou o 28 de agosto dese ano no desaparecido pub "El perro azul". O seu estilo combina metal, funk duro e rap, bastante atípico na escena do rock uruguaio da época. A formación orixinal era L. Mental na voz, Daniel Benia no baixo, Juan Campodónico na guitarra e Roberto Rodino na batería.

El Peyote Asesino
Na rede
Facebook: Peyote-Asesino-43824477332 Twitter: peyoteoficial MySpace: peyoteasesinoficial Souncloud: peyoteasesino Spotify: 2cYeADErfbwZ0xIP19KeWD iTunes: 390456 Musicbrainz: 1ff0490d-3601-498e-939f-867db5d7f973 Songkick: 175633 Discogs: 1523117 Allmusic: mn0000843814 Editar o valor em Wikidata

O nome da banda alude ao cacto alucinóxeno que utiliza o pobo wixárika mexicano nos seus rituais. Con todo, tamén se refire a unha tira cómica de culto mexicana, El Santos, que toma sarcásticamente elementos da subcultura hippy. Un dos personaxes é El Peyote Asesino, loitador, transgresor e nada místico.

Historia editar

Inicios editar

Na súa segunda actuación a banda xa estaba completo. Sumáronse Pepe Canedo na batería e Carlos Casacuberta na voz e na guitarra. A esa aparición seguirían outras como o Encuentro de Arte Joven La Movida e varias no ámbito underground montevideano. Sons non convencionais, letras corrosivas e irreverentes, algúns mexicanismos e guitarras distorsionadas eran parte da proposta da banda. Cando se lles pediu que definisen o seu estilo algunha vez dixeron que facían "rap branco", con influencia dos Beastie Boys.

En novembro de 1994 presentaron unha demo no concurso "Generación 95" auspiciado por "Rock de primera" (suplemento do diario "Últimas Noticias"), "Control remoto" (programa de rock de Canal 10 TV) e X FM 100.3. O xurado declarounos gañadores do mesmo, e conseguiron como premio algunhas horas de estudio para poderen gravar un disco. Este foi gravado entre xullo e outubro de 1995 no Estudo de El Cordón.

1995: El Peyote Asesino editar

En decembro de 1995 lanzaron o seu primeiro CD co selo Orfeo, "El Peyote Asesino". Da produción encargouse Gabriel Casacuberta (irmán de Carlos e integrante de Plátano Macho), nexo entre a banda e Luis Restuccia, o enxeñeiro de son.

"Ás veces eu dicía ‘quero que a miña voz soe un pouquiño máis podre’, e de súpeto a Luis dicíalle ‘podre’ e imaxinaba algo que tiña cheiro feo, pero Gabriel, como escoitara os Beastie Boys, actuaba de nexo", L. Mental.

O disco era forte, compacto e soaba moi ben malia as limitacións técnicas. Temas como "L. Mental" e "Satisfaction" (versión do tema de The Rolling Stones) tiveron bastante difusión na radio. En vivo a banda convencía aínda máis, con moito esmero nos concertos. O lanzamento do antedito disco tivo lugar ese decembro na sala Enterprise e convocou a centos de seareiros.

Chegou a vender máis de mil copias, o que o convertería no disco de rock máis vendido do Uruguai nos primeiros meses de 1996. Mentres tanto, o grupo multiplicaba as súas actividades en vivo, algunhas con bandas locais.

En agosto actuaron en Buenos Aires no Centro Cultural Rojas, no ciclo Molotov, xunto á banda arxentina Tintoreros. Dito ciclo foi organizado por Fabián Jara na sala Ricardo Rojas, pertencente ao circuíto universitario arxentino, onde xa actuara a banda uruguaia Buitres Después de La Una.

En marzo de 1997 actuaron no Teatro de Verano de Montevideo, en que abriron o show de "Illya Kuryaki and the Valderramas" ante máis de 3.000 persoas.

En xuño participaron en "5 horas de rock" xunto a Tercera Piedra, Tintoreros, La Vela Puerca, Trotsky Vengarán e Los Buitres.

1998: Terraja editar

A partir de alí, El Peyote empeza a gravar demos e ensaiar para prepararen o seu segundo traballo. Tras meses de preproducción no seu estudo en Villa Española, en setembro de 1997 partiron cara a Os Ánxeles.

As bases graváronse no estudo Can Am e as voces e guitarras que faltaban graváronse no estudo de Gustavo Santaolalla e Aníbal Kerpel. A mestura final fíxose en Can Am. O disco foi producido por Santaolalla e Kerpel, con Tony Peluso como enxeñeiro de son.

Terminada a gravación, a banda iniciou unha xira por boa parte de México, con bandas como Molotov, Delinquent Habits e Control Machete. Isto significou un novo desafío, ao tocaren para xente que nunca os escoitara. Con todo, a proposta de El Peyote foi ben recibida.

O novo disco, Terraja, foi editado no Uruguai a finais de agosto de 1998, e tamén na Arxentina, México, os EUA e Porto Rico. Os temas abranguían un amplo espectro de xéneros e influencias, como o hip-hop, o hardcore, o funk, a música electrónica, o metal ou o soul. Incluíu mesmo algúns xéneros suramericanos coma o tango, o candombe ou a milonga.

Presentaron o disco na sala La Factoría e tocaban case todas as fins de semana no pub Laskina.

En outubro de 1998 tocaron na Arxentina con Cypress Hill, Molotov, Bersuit Vergarabat e Árbol, con críticas moi positivas. Ese mesmo mes volven tocar no Teatro de Verano de Montevideo, xunto con Molotov e Plátano Macho.

Trala separación da banda, L. Mental funda Kato, un novo proxecto co cal debutaría en 2000, ademais de facer outras colaboracións como solista baixo o nome de Santullo.

2009 e Serial editar

Logo de dez anos da separación, a banda xuntouse en 2009 para participar no festival Pilsen Rock. Antes desa actuación, El Peyote Asasino realizou unha actuación privada para coñecidos e prensa no Restaurant-Teatro Lindolfo o 20 de marzo. Dous días despois, o 22 de marzo actuaron no Pilsen Rock. Ese ano tocaron o 4 e o 5 de novembro de 2009 no Teatro de Verano de Montevideo.

En 2016 xúntanse novamente no Teatro de Verán os días 12 e 13 de maio. Carlos Casacuberta non puido tocar por problemas de saúde, polo que foi substituído por Matias Rada. Nesas datas acompañounos Bruno Tortorella nos teclados. Posteriormente, xa con Casacuberta, en setembro de 2016 ofreceron dous concertos en La Trastienda de Montevideo, e tamén en Uniclub (Buenos Aires).

O 18 de outubro de 2017 lanzan unha primeira versión do tema "Bailando Samba" como previa dos concertos en La Trastienda de Montevideo os días 20 e 27 de outubro de 2017. A canción foi gravada e mesturada por Juan Campodónico en Montevideo, con Nicolás Demczylo como axudante de mestura. Era a primeira canción que o grupo publicaba dende Terraja, o seu disco de 1998.

A banda formou parte do cartel de festivais como o Cosquin Rock de 2019 e do Montevideo Rock de 2017 e de 2020. En 2019 a banda comezou a compor as cancións do seu primeiro disco en dúas décadas. Editaron "Vos no me llamaste" a finais de 2020, e en 2021, "La tumba de los crá" e "Es lo que hay". O 5 de novembro de 2021 a banda lanzou o seu novo traballo, Serial, co selo Bizarro. Foi producido por Juan Campodonico, gravado e mesturado por Julio Berta e masterizado por Ted Jensen.

Membros editar

Actuais editar

  • Fernando Santullo (L. Mental), voz
  • Carlos Casacuberta, voz e guitarra
  • Daniel Benia, baixo
  • Juan Campodonico, guitarra
  • P.P. Canedo, batería

Antigos editar

  • Roberto Rodino, batería (1994)

Músicos en directo editar

  • Luciano Supervielle, teclado e scratches (2009)
  • Matias Rada, guitarra e voz (2016-)
  • Bruno Tortorella, teclados e voz (2016-)

Discografía editar

Álbums de estudo

  • 1995: El Peyote Asesino
  • 1998: Terraja
  • 2021: Serial

Álbums non oficiais editar

  • 1998: Rock en ROU

Sinxelos editar

  • 2017: Bailando Samba
  • 2020: Vos no me llamaste
  • 2021: La tumba de los crá
  • 2021: Es lo que hay

Recompilatorios nos que participou editar

  • Estrañas Visiones (Homenaxe a Los Estómagos, 1996)
  • Serie Millennium Rock Latino 2
  • The Gringo Guide To Rock En Español
  • The Shield - On The Streets

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar