El Noticiero (Pontevedra)

El Noticiero foi un periódico editado en Pontevedra entre 1892 e 1896.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Periódico independiente útil a los ayuntamientos y maestros de primera enseñanza, apareceu o 1 de xaneiro de 1892, substituíndo a El Noticiero Administrativo, e seguindo a súa numeración cunha periodicidade bimensual. Dirixido polo seu propietario, José López Pérez. Incluíu disposicións lexislativas. En 1895 foi substituído por El Noticiero de Instrución Pública, ao que supliu de novo a partir de xullo de 1895 co subtítulo Semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio, pasando a ser semanal. En agosto de 1895 comezou a publicar o suplemento Revista Pedagógica y Literaria, dirixido por José López Otero. En febreiro de 1896 cambiou a súa cabeceira por El Noticiero Gallego.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.