El Noticiero Administrativo

El Noticiero Administrativo foi un periódico editado en Pontevedra entre 1891 e 1892.

Historia e característicasEditar

Subtítulado Revista de los Ayuntamientos, Juntas locales de todos los ramos y Maestros de instrución primaria, apareceu o 1 de agosto de 1891. Publicábase os días 10 e 15 de cada mes. Tiña dúas seccións: unha dedicada ás disposicións lexislativas e outra a artigos relacionados cos concellos ou coa escola pública. O seu fundador, director e propietario foi José López Pérez. Entre os redactores e colaboradores estaban José López Otero, Ángel López Otero, Ángel López Ramallo, Albino Patiño Amado, Salvador de J. Ponsoda, Ramiro Vieira Durán, Eduardo Ogando Simón. O administrador era Eladio Portela Gómez e imprimíase no taller de Luis Carragal Puga. En 1892, a partir do número 10, pasou a denominarse El Noticiero.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. p. 602. ISBN 84-7492-489-8.