O Cid, a lenda
O Cid, a lenda (en castelán: El Cid: La leyenda) é un filme español de animación dirixido por José Pozo, que se estreou no 2003. Baséase na historia lendaria de Rodrigo Díaz de Vivar, tamén coñecido como O Cid.
O Cid, a lenda | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El Cid: La leyenda |
Director | José Pozo |
Produtor | Julio Fernández |
Guión | José Pozo |
Intérpretes | Manel Fuentes Sancho Gracia Carlos Latre Loles León Natalia Verbeke Miguel Ángel Rodríguez |
Música | Óscar Araujo |
Fotografía | Adrià García Víctor Maldonado |
Montaxe | Félix Bueno |
Distribuidora | Filmax Animation |
Estrea | 19 de decembro de 2003 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación |
Na rede | |
Contou coa participación de profesionais da factoría Bren Entertainment, sita en Santiago de Compostela, nun labor centrado na animación 3D. Foi editado en DVD con son en galego.
Sinopse
editarRodrigo ten ante si un futuro prometedor. Fillo dun nobre castelán, edúcase na corte na compañía do seu mellor amigo Sancho, o primoxénito do monarca Fernando I. Mais tras a morte do Rei, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Afonso. Desterrado de Castela e deshonrado, Rodrigo emprende cos seus fieis unha arriscada aventura.
Personaxes
editar- Manel Fuentes como Rodrigo Díaz de Vivar
- Sancho Gracia como Conde Gormaz
- Carlos Latre como Ben Yussuf / Conde Ordóñez
- Loles León como Infanta doña Urraca
- Natalia Verbeke como Ximena
- Miguel Ángel Rodríguez como Garcés
- Nacho Castaño como Al-mutamim, príncipe de Zaragoza
- Miguel Pernas
- Joshua Zamrycki como Ben Yussuf
Galardóns e nomeamentos
editar- 2003: Nomeado na 2ª edición dos Premios Mestre Mateo ó mellor filme
- 2003: Premios Goya: Mellor filme de animación.
- 2004: Festival de Annecy: Sección oficial longametraxes a concurso.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no soportal do audiovisual galego.
- O Cid, a lenda na IMDb (en inglés).