El Campesino (1929)
El Campesino foi un periódico publicado en Lavadores entre 1929 e 1932.
Historia e características editar
Subtitulado Órgano del Sindicato de Agricultores de Teis, apareceu o 1 de xaneiro de 1929. Cambiou despois o seu subtítulo por Periódico quincenal agrario. Estaba dirixido por Constante Lorenzo Melón e o seu administrador era José Martínez Covelo. Entre os seus colaboradores figuraron Indalecio Tizón Reboreda, Manuel Gama Casalderrey, Manuel García Gómez, Leopoldo Varela Maristany, Joaquín Poza Juncal, Juan Andrade e Celso Núñez. Estaba controlado pola facción do Sindicato próxima ao socialismo. Foi suspendido por orde do Gobernador militar a principios de xaneiro de 1931 por supostos ataques á relixión e desobedecer a censura.[1][2] Volveu aparecer e aínda se publicaba en febreiro de 1932.[3]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux. p. 114. ISBN 84-932078-3-7.
- Vázquez Gil, Lalo (1999). "“El campesino”, órgano do Sindicato de Agricultores de Teis. Un xornal comprometido animoso e valente" (PDF). Boletín del Instituto de Estudios Vigueses 5 (5): 85 –102.