José Martínez Covelo

agrarista e político galego

José Martínez Covelo, nado en Teis (Concello de Lavadores), foi un agrarista e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Martínez Covelo
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Teis, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do agrarista de Teis José Martínez Dávila.[1] Foi elixido secretario da Juventud Socialista de Vigo constituída en 1913.[2] Coa folga xeral de 1917 foi detido e xulgado en consello de guerra, pero puxérono en liberdade en decembro ao acollerse á lei de condena condicional.[3] Foi vogal da directiva do Sindicato de Agricultores de Teis en 1923.[4] Secretario da Federación Agraria de Lavadores, foi administrador de El Campesino. Foi presidente do coro "Airiños d'o mar" de Teis. Na Segunda República foi concelleiro e tenente de alcalde de Lavadores. Foi elixido presidente de La Alianza Marinera de Teis en 1931,[5] e participou nas negociacións pola folga de mariñeiros de Teis en xullo. Ao ano seguinte participou con Indalecio Tizón Reboreda en mitins agraristas. Ofrecéronlle unha homenaxe pública o 31 de decembro de 1933,[6] e o compositor José Álvarez Olmos dedicoulle o pasodobre "Desagravio" que estreou en abril de 1934.[7] Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Teis dende a súa constitución o 7 de xaneiro de 1936, na corporación presidida por Manuel Martínez Ramos.[8]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Cuba e na Arxentina. En 1941 foi obxecto de expediente por responsabilidades políticas,[9] que foi sobresido por carecer de bens. Visitou Vigo en 1953.[10]

Vida persoal

editar

A súa parella Marina Estors Landín finou en 1929 con 30 anos.[11]

  1. El Tea, 3-3-1928, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 2-9-1913, p. 2.
  3. El Noroeste, 21-12-1917, p. 1.
  4. Galicia, 16-1-1923, p. 6.
  5. El Pueblo Gallego, 24-5-1931, p. 6.
  6. El Pueblo Gallego, 3-1-1934, p. 9.
  7. El Pueblo Gallego, 29-4-1934, p. 7.
  8. El Pueblo Gallego, 9-1-1936, p. 3.
  9. "Xeración perdida" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de setembro de 2019. Consultado o 05 de setembro de 2019. 
  10. El Pueblo Gallego, 15-8-1953, p. 2.
  11. El Pueblo Gallego, 27-11-1929, p. 7.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Giráldez Rivero, Xesús (2007). O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-281-7. 

Ligazóns externas

editar