Concello de Ekerö

(Redirección desde «Ekerö (municipio)»)

Coordenadas: 59°17′N 17°48′L / 59.283, -17.800

Concello de Ekerö
Ekerö kommun
Centro de Ekerö
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Uppland
Condado Estocolmo
Capital Ekerö
Área e poboación
Poboación 29 188 habitantes
Censo 2022
Área 384,17 km²
Densidade 134,27 hab./km²
Mapa
Outros datos
Web ekero.se

Ekerö é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Ekerö, situada na illa de Ekerön. No ano 2022 a súa poboación era de 29 188 habitantes.[2]

O municipio de Ekerö está no sur do landskap de Uppland e inclúe as illas Mälaröarna. O concello inclúe 140 illas no lago Mälaren.

Ekerö limita ao nordés co concello de Järfälla, ao leste co de Estocolmo, ao sueste co de Huddinge, ao sur cos de Botkyrka e Salem e ao suroeste co de Södertälje, todos no condado de Estocolmo. Ao oeste limita co concello de Strängnäs no condado de Södermanland, ao norte cos de Enköping e Håbo no condado de Uppsala e co municipio de Upplands-Bro no condado de Estocolmo.

Xeografía Editar

O concello está formado por un grupo de illas no lago Mälaren. Estas coñecéronse durante moito tempo polo nome colectivo de Mälaröarna (as illas do Mälaren). As illas máis importantes son:

  • Adelsön
  • Björkö (Birka)
  • Ekerön (incluídas Munsön, Kärsön e Gällstaö)
  • Estbröte
  • Fågelön
  • Färingsö (Svartsjölandet)
  • Helgö
  • Kungshatt
  • Kurön
  • Kärsön
  • Lovön (incluída Lindö)
  • Malmhuvud

Ademais existen moitas illas pequenas, como Vårö e Ljusön, ámbalas dúas no estreito de Långtarmen.


Notas Editar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-17. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-20.