Järfälla
Järfälla é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Jakobsberg, que é parte do núcleo urbano de Estocolmo. No ano 2022 a poboación do concello era de 83 489 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Estocolmo | ||||
Capital | Jakobsberg (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 88.219 (2024) (1.399,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | Área metropolitana de Estocolmo (pt) Uppland Q19978621 (–1976) Q61634192 (1977–2000) Q61605385 (2000–2007) Judicial district of Attunda (en) (2007–) | ||||
Superficie | 63,03 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Järfälla Municipality, Sweden (en) | Claes Thunblad (en) | ||||
Sitio web | jarfalla.se | ||||
O concello de Järfälla atópase no sur do landskap de Uppland, na ribeira leste do lago Mälaren. O municipio limita ao noroeste co concello de Upplands Väsby, ao leste co de Sollentuna, ao sueste co de Estocolmo, ao oeste co de Ekerö, e ao noroeste co de Upplands-Bro, todos no condado de Estocolmo.
Historia
editarO documento máis antigo onde se nomea a Järfälla ten máis de 700 anos e está datado o 26 de xaneiro de 1310. No documento, que é un testamento redactado polo arcebispo Nils Kettilsson, Ragnwald Ingesson deixa entre outras cousas un marco de prata romano á igrexa e ao vicario de "gerfelli" ou "gerfelle". O nome componse das palabras "gere" eu "ger", que significa anaco de terra en forma de cuña, e "fielder" ou ”fjäll”, que significa prado ou campo aberto e deriva do sueco antigo. Järfälla significa así "o prado en forma de cuña" ou "o campo aberto en forma de cuña".
A zona leva habitada dende o neolítico. Na idade media varias rutas importantes atravesaban a área que contitúe o actual concello de Järfälla. A finais da década de 1990 excavouse o asentamento medieval de Kalvshälla. Co tempo Barkarby converteuse nun importante nó de comunicacións dende que a propietaria das granxas de Jakobsberg e Skälby, Brita Cruus, recibiu permiso para abrir unha taberna alí en 1671.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-27.