Huddinge

(Redirixido desde «Huddinge (municipio)»)

Coordenadas: 59°14′N 17°59′L / 59.233, -17.983

Concello de Huddinge
Huddinge kommun
Huddinge kommun ny.jpg
Casa do concello
Huddinge kommunvapen - Riksarkivet Sverige.png
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Södermanland
Condado Estocolmo
Capital Huddinge centrum
Área e poboación
Poboación 114 350 habitantes
Censo 2022
Área 140,5 km²
Densidade 873,83 hab./km²
Mapa
Huddinge Municipality in Stockholm County.png
Outros datos
Web huddinge.se

Huddinge é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Huddinge centrum. O concello limita ao norte co municipio de Estocolmo e súa maioría está dentro da área urbana da capital sueca. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 114 350 habitantes.[2]

Administración históricaEditar

Huddinge é un dos poucos concellos suecos que, dende a introdución das ordenanzas municipais de 1962, non se viu afectado significativamente polas reformas municipais levadas a cabo durante o século XX no país. Polo tanto, a actual área do concello correspóndese á da antiga parroquia de Huddinge onde se fundou o concello rural do mesmo nome en 1863.

Dentro do concello de Huddinge houbo unha serie de localidades municipais: Segeltorp (1924-1953), Hörningsnäs (5 de decembro de 1915-1947), Stuvsta (1924-1947), Fullersta (1924-1947), Snättringe (2 de novembro de 1928-1947). Os catro últimos fusionáronse en 1947 coa localidade municipal de Huddinge que se creara en 1924, formando un gran concello. Este disolveuse o 31 de decembro de 1952.

O 1 de xaneiro de 1963 Skärholmen e Vårberg, cunha superficie de 3,77 km², integráronse na cidade de Estocolmo.

O municipio rural de Huddinge reorganizouse en 1971 para formar o actual concello de Huddinge.[3]

Dende a súa fundación ata o ano 2007 o concello pertenceu ao partido xudicial de Huddinge, e dende entón pertence ao de Södertörn.[4]

NotasEditar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-02. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-02. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Huddinge tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.