Botkyrka é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Tumba. O concello está situado na peníncula de Södertörn en Södermanland co lago Mälaren ao norte e o mar Báltico (as baías de Mörkarfjärden, Himmerfjärden e Järnafjärden) ao suroeste. O municipio de Botkyrka limita ao norte co concello de Ekerö, ao nordés co de Huddinge, ao sueste co de Haninge, ao sur co de Nynäshamn e ao oeste cos de Södertälje e Salem, todos eles no condado de Estocolmo.

Modelo:Xeografía políticaBotkyrka
Botkyrka kommun (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°12′N 17°50′L / 59.2, 17.83
EstadoSuecia
Condadocondado de Estocolmo Editar o valor en Wikidata
CapitalTumba Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación95.905 (2024) Editar o valor en Wikidata (431,48 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
lingua finesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie222,27 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude36 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porconcello de Salem Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1 de xaneiro de 1983cambio de fronteiraQ10660414 Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Botkyrka Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataEbba Östlin Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Brøndby (pt) Traducir
Alytus (2000–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webbotkyrka.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: botkyrka Instagram: botkyrkakommun LinkedIn: botkyrka-kommun Youtube: UCn6znHXKPEKoiWb4yiwfGAw Editar o valor en Wikidata

A meirande parte da poboación activa traballa fóra do municipio, pero a poboación que traballa no concello faino principalmente no sector servizos. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 95 905 habitantes.[2]

Historia administrativa

editar

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Botkyrka e Grödinge. Nesas dúas parroquias formáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

O 28 de outubro de 1904 estableceuse a localidade municipal de Tumba que se disolveu a finais do ano 1956.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona.

O actual concello de Botkyrka naceu coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Botkyrka e Grödinge. En 1974 incorporouse o municipio de Salem, pero este separaríase en 1983 para converterse nun concello de seu.[3]

Xeografía

editar

Botkyrka está na illa de Södertörn, na provincia histórica de Södermanland, e limita cos municipios de Huddinge, Södertälje, Salem, Haninge, Nynäshamn e Ekerö.

Topografía e hidrografía

editar

O lago Mälar ten dous afluentes meridionais, o Albysjön e o Tullingesjön. O primeiro atópase na fronteira co concello de Huddinge mentres que o segundo está nas aforas de Tullinge. O norte do concello está dominado por áreas urbanizadas, mentres que a parte sur ten moitos bosques e prados. No extremo sur, o municipio tamén ten acceso ao mar a través da baía de Grödingeviken, que é parte do mar Báltico.

Entre os lagos atópanse os de Albysjön, Sjön Aspen, Bornsjön, Tullingesjön e Uttran.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-14. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.