Huddinge
Huddinge é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Huddinge centrum. O concello limita ao norte co municipio de Estocolmo e a súa maioría está dentro da área urbana da capital sueca. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 114 350 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Estocolmo | ||||
Capital | Huddinge Centre (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 114.119 (2024) (812,23 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | Área metropolitana de Estocolmo (pt) Södermanland distrito xudicial de Huddinge (–2007) Judicial district of Södertörn (en) (2007–) | ||||
Superficie | 140,5 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Huddinge Municipality, Sweden (en) | Daniel Dronjak Nordqvist (en) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | huddinge.se | ||||
Administración histórica
editarHuddinge é un dos poucos concellos suecos que, dende a introdución das ordenanzas municipais de 1962, non se viu afectado significativamente polas reformas municipais levadas a cabo durante o século XX no país. Polo tanto, a actual área do concello correspóndese á da antiga parroquia de Huddinge onde se fundou o concello rural do mesmo nome en 1863.
Dentro do concello de Huddinge houbo unha serie de localidades municipais: Segeltorp (1924-1953), Hörningsnäs (5 de decembro de 1915-1947), Stuvsta (1924-1947), Fullersta (1924-1947), Snättringe (2 de novembro de 1928-1947). Os catro últimos fusionáronse en 1947 coa localidade municipal de Huddinge que se creara en 1924, formando un gran concello. Este disolveuse o 31 de decembro de 1952.
O 1 de xaneiro de 1963 Skärholmen e Vårberg, cunha superficie de 3,77 km², integráronse na cidade de Estocolmo.
O municipio rural de Huddinge reorganizouse en 1971 para formar o actual concello de Huddinge.[3]
Dende a súa fundación ata o ano 2007 o concello pertenceu ao partido xudicial de Huddinge, e dende entón pertence ao de Södertörn.[4]
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-02.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-02.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Huddinge tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.