Järfälla

(Redirección desde «Järfälla (municipio)»)

Coordenadas: 59°26′N 17°50′L / 59.433, -17.833

Concello de Järfälla
Järfälla kommun
Casa do concello
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Uppland
Condado Estocolmo
Capital Jakobsberg
Área e poboación
Poboación 83 489 habitantes
Censo 2022
Área 63,03 km²
Densidade 1 552,13 hab./km²
Mapa
Outros datos
Web jarfalla.se

Järfälla é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Jakobsberg, que é parte do núcleo urbano de Estocolmo. No ano 2022 a poboación do concello era de 83 489 habitantes.[2]

O concello de Järfälla atópase no sur do landskap de Uppland, na ribeira leste do lago Mälaren. O municipio limita ao noroeste co concello de Upplands Väsby, ao leste co de Sollentuna, ao sueste co de Estocolmo, ao oeste co de Ekerö, e ao noroeste co de Upplands-Bro, todos no condado de Estocolmo.

Historia editar

O documento máis antigo onde se nomea a Järfälla ten máis de 700 anos e está datado o 26 de xaneiro de 1310. No documento, que é un testamento redactado polo arcebispo Nils Kettilsson, Ragnwald Ingesson deixa entre outras cousas un marco de prata romano á igrexa e ao vicario de "gerfelli" ou "gerfelle". O nome componse das palabras "gere" eu "ger", que significa anaco de terra en forma de cuña, e "fielder" ou ”fjäll”, que significa prado ou campo aberto e deriva do sueco antigo. Järfälla significa así "o prado en forma de cuña" ou "o campo aberto en forma de cuña".

A zona leva habitada dende o neolítico. Na idade media varias rutas importantes atravesaban a área que contitúe o actual concello de Järfälla. A finais da década de 1990 excavouse o asentamento medieval de Kalvshälla. Co tempo Barkarby converteuse nun importante nó de comunicacións dende que a propietaria das granxas de Jakobsberg e Skälby, Brita Cruus, recibiu permiso para abrir unha taberna alí en 1671.

Notas editar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-11. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-27.