Efialtes de Atenas
Efialtes (en grego antigo: Ἐφιάλτης) finado en -461, foi un antigo político ateniense do século -V, que se converteu no xefe do partido democrático de Atenas, a partir de -465, e que se opuxo ao aristócrata Cimón, cabeza do partido aristocrático. Xunto con Pericles, emprendeu unha serie de reformas políticas e sociais.
Nome orixinal | (grc) Ἐφιάλτης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século V a. C. Atenas, Grecia |
Morte | 461 a. C. Atenas, Grecia |
Causa da morte | homicidio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antiga Atenas |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Lingua | Grego antigo |
Carreira militar | |
Rango militar | estratego |
Efialtes é considerado por moitos historiadores modernos, como o político que marcou o inicio da "democracia radical", pola que Atenas sería famosa en diante. Efialtes, con todo, non viviría durante moito tempo para participar desta nova forma de goberno. En -461, foi asasinado a instigación de oligarcas resentidos, e o mando político de Atenas pasou ao seu adxunto: Pericles.
Traxectoria
editarPrimeiras accións
editarEfialtes aparece na historia primeiro como estratego ao mando dunha frota ateniense no mar Exeo, en -465. Sostiña que Esparta rivalizaba con Atenas pola hexemonía, e dirixiu en balde a campaña contra o envío de reforzos aos espartanos durante a rebelión dos hilotas (-462).[1] Despois, en agosto do -463, de rexeitamento á petición de axuda militar de Esparta para acabar cunha revolta dos hilotas.[2] Cimón, o político ateniense máis destacado da época, era pro-espartano e avogou por enviar axuda argumentando que Grecia non debía permitirse coxear, nin Atenas verse privada da súa compañeira de xunta. Efialtes, mentres tanto, argumentou que Esparta e Atenas eran inimigas por natureza, e que Atenas debía alegrarse da desgraza de Esparta mellor que axudala a recuperarse. Cimón, con todo, venceu no debate, e foi enviado a Esparta con 4.000 hoplitas.[3]
Ataque ao Areópago
editarEn -462, Efialtes e os seus aliados políticos empezaron a atacar o Areópago, un consello composto de antigos arcontes que era unha forza tradicionalmente conservadora baixo o control da aristocracia, dado que estas maxistraturas estaban restrinxidas ás clases máis ricas. Segundo Aristóteles e algúns historiadores modernos, Atenas fora gobernada, desde aproximadamente o -478, baixo unha informal «Constitución Areopaxita», baixo o liderado de Cimón de Atenas.[4][5] Na época das Guerras Médicas alcanzou un prestixio considerábel e un influente papel político: tras a vitoria sobre os persas, o Areópago intentou impedir a democratización do sistema apoiando a Cimón. Logo do mais as atribucións do Areópago non estaban moi definidas pois dende as reformas de Clístenes algunhas das competencias do Consello dos Cincocenteos (Bulé) e o Areópago se solapaban.
O asunto de maior polémica entre as institucións era o control dos arcontados. Logo do seu exercicio, estes maxistrados rendían contas ante o Areópago, aínda que os sectores reformistas esixían que fose a Bulé a encargada de facelo reclamando o control popular sobre a xestión. Efialtes empezou a súa campaña contra este corpo axuizando a certos membros por mala administración.[6] Cara ao ano 462 a. C, Efialtes persuadiu á Asemblea para reformar o Areópago, limitou o seu poder e deixoulle unicamente xurisdición para os casos de homicidio e crimes relixiosos; e a administración das propiedades sacras. Efialtes propuxo á Ecclesia, ou asemblea popular, unha serie radical das reformas que dividiu os poderes, tradicionalmente exercidos polo Areópago, entre o consello democrático da Bulé, a propia Ecclesia, e os tribunais populares. Deste xeito, a Bulé gañou o control dos arcontes e poderes xudiciais para asegurar a orde pública.[7]
Algúns historiadores argumentaron que Cimón e os seus hoplitas estaban aínda no Peloponeso na época desta proposta, mentres que outros argumentaron que a proposta foi despois do seu regreso.[8][9] Aqueles que sitúan as propostas durante a ausencia de Cimón, suxiren que tentaron derrocalo ao seu regreso, mentres que aqueles que cren que estaba presente durante as propostas, cren que se opuxo a elas no debate inicial. Todos están de acordo en que a súa resistencia foi condenada ao fracaso, debido ao feito de que o seu exército de hoplitas foi despedido polos espartanos groseiramente, acción que demoleu o prestixio político de Cimón e doutro atenienses pro-espartanos.[10]
Morte e legado
editarO éxito das reformas de Efialtes foi seguido polo ostracismo de Cimón, que deixou a Efialtes e a súa facción o control do estado, aínda que a democracia ateniense ben establecida dos anos posteriores non se asentou aínda completamente; as reformas de Efialtes parecen ser soamente o primeiro paso do programa do partido democrático.[11] Efialtes, con todo, non viviría para ver o desenvolvemento adicional desta nova forma de goberno. No -461, foi asasinado por un tal Aristódico de Tanagra, como parte dun complot oligárquico. Pericles, o seu aliado político encargaríase de terminar a transformación gobernamental e dirixir a Atenas durante varias décadas.[12]
A traxedia As Euménides, de Esquilo, testemuña en certa medida as ideas e sentimentos espertados no pobo ateniense por estas novas medidas.
Notas
editar- ↑ "Ephialtes (4)," from The Oxford Classical Dictionary, Simon Hornblower and Antony Spawforth, ed.
- ↑ Plutarco, Cimón 16, 8.
- ↑ Kagan: The Outbreak of the Peloponnesian War, 72.
- ↑ Kagan, The Outbreak of the Peloponnesian War, 64-5.
- ↑ Aristóteles, Constitución dos atenienses, 23.
- ↑ Aristóteles, Constitución dos atenienses, 25.
- ↑ Gómez Espelosín, Javier (2001). Historia de Grecia Antigua. Akal. p. 175. ISBN 84-460-1428-9.
- ↑ Hignett, History of the Athenian Constitution, 341.
- ↑ De Ste. Croix, The Origins of the Peloponnesian War, 179.
- ↑ Kagan, Outbreak of the Peloponnesian War, 73-74.
- ↑ Hignett, History of the Athenian Constitution, 217-18
- ↑ Plutarco: Pericles, 10,6-7.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- de Ste. Croix, G.E.M.: The Origins of the Peloponnesian War (Los orígenes de la Guerra del Peloponeso), (Duckworth and Co., 1972) ISBN 0-7156-0640-9
- Hignett, Charles: A History of the Athenian Constitution (Oxford, 1962) ISBN 0-19-814213-7
- Hornblower, Simon; Spawforth, Anthony (2003). Oxford Classical Dictionary [Diccionario clásico de Oxford] (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-866172-X.
- Kagan, Donald. The Outbreak of the Peloponnesian War. Cornell UNiversity Press,[1] 1969. ISBN 0-8014-9556-3
- Plutarco, Cimón
- Plutarco, Pericles
Ligazóns externas
editar- Thomas R. Martin: An Overview of Classical Greek History from Mycenae to Alexander (Panorama da historia da Grecia Antiga desde a época micénica até a de Alexandre); texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus.
- Véxanse este apartado e o seguinte: The Reforms of Ephialtes (As reformas de Efialtes).