Elena Ferro

zoqueira artesá galega
(Redirección desde «Eferro»)

María Elena Ferro Lamela, máis coñecida como Elena Ferro, nada en Merza (Vila de Cruces) en 1975, é unha zoqueira artesanal galega adicada ao deseño, fabricación e venda de artesanía: zocos, bolsos e complementos sita na súa vila natal, e que tivo un papel fundamental na revalorización dos zocos a finais do século XX inicios do século XXI.[1] Creou unha franquía denominada Eferro (Elena Ferro).

Infotaula de personaElena Ferro
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Merza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartesá Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Franquía eferro, en Rego de Auga, A Coruña.

Cando na década dos 70 do século XX comezaron a deixar de usarse os zocos e a ir desaparecendo o oficio, herdou o oficio do seu avó, da súa tía, do seu pai que eran zoqueiros e proviñan dunha familia de artesáns zoqueiros dende vai cen anos. A súa familia foi cambiando de vender só na comarca do Deza e mensualmente en Monterroso a ir desprazándose a outras feiras e ampliar os produtos que vendían incorporando a manufactura do coiro.[1]

Nos anos 90 Elena Ferro comezou a facer cambios nos zocos mais sen éxito comercial até 2010.[1] Cambiou a base de madeira para adaptalos a pisar en duro, patentándoa, probou outras peles, cores e acabados[2] e mudou o deseño[3] vendendo os seus produtos ademais de en Galiza no País Vasco, Barcelona, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia[3] apoiándose nas redes sociais.[4]

Participou no Lgx15 organizado pola CTNL en 2016[5] e nas xornadas de onomástica da Real Academia Galega de 2020.[6] En 2019, recibiu o Premio Nacional de Artesanía.[7][8] Tamén no 2020 a revista Luzes cedeulle o espazo Retrovisor (do seu número 85).

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Obelleiro, M. "“A xente non quería saber nin de zocos nin de pan de millo”". Nós Diario. Consultado o 2021-01-05. 
  2. "ELENA FERRO: EL SUEÑO DEL ARTESANO Anabel Cuervas". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 03 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 García, Rocío (2015-09-14). "Los rompedores zuecos de Elena Ferro llevan un siglo de historia en sus suelas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-01-05. 
  4. "Elena Ferro: Os zocos que deseño representan a nosa identidade cultural e social". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-01-05. 
  5. "Edición 2016 LGx15". Consultado o 2021-01-05. 
  6. "A quinta Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes comerciais". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-01-05. 
  7. Galiza, Sermos. "Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2019-12-16. 
  8. 8,0 8,1 "Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019". Nós Diario. Consultado o 2021-01-05. 
  9. "Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen a nove persoas no eido cultural e social o día 16 en Teo". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-01-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar