Abrir o menú principal

Edwin Arnold, nado en Gravesend o 10 de xuño de 1832 e finado o 24 de marzo de 1904, foi un xornalista e escritor británico.

Edwin Arnold
EdwinArnold.jpeg
Nacemento10 de xuño de 1832 e 10 de xuño de 1831
 Gravesend
Falecemento24 de marzo de 1904
 Londres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterUniversity College e King's College de Londres
Ocupaciónxornalista e poeta
FillosWilliam Channing Arnold e Edwin Lester Arnold
IrmánsArthur Arnold
Coñecido/a porThe Light of Asia
PremiosCompanion of the Order of the Star of India e Knight Commander of the Order of the Indian Empire
Signature of Edwin Arnold.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formou parte da dirección do Daily Telegraph, e foi un dos que máis apoiou, cos propietarios do seu periódico e o New York Herald, a viaxe de Stanley a África para descubrir o curso do río Congo, en agradecemento Stanley deulle o seu nome a unha montaña. Arnold foi tamén o primeiro que tivo a idea dunha liña de ferrocarril que atravesase o continente africano e o primeiro en empregar a frase, en 1874, "Cape to Cairo railway" (Ferrocarril de Cidade do Cabo a O Cairo), popularizada posteriormente por Cecil Rhodes.

A súa principal obra The Light of Asia (1879), unha epopea india, na que versifica a vida e ensinanzas de Buda, tivo un inmediato éxito en Gran Bretaña e os Estados Unidos.