Eduardo Ruiz Pons
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Eduardo Ruiz Pons, nado en Padrón o 19 de setembro de 1819 e finado en Porto en 1865, foi un mestre, avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1819 Padrón, España |
Morte | 1865 (45/46 anos) Porto, Portugal |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
16 de novembro de 1854 – 2 de setembro de 1856 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista |
Partido político | Partido Democrático |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Involucrouse na vida universitaria da época. Trabou amizade con Antolín Faraldo Asorey e Ramón de la Sagra Peris, entre outros revolucionarios. Xunto ao comandante Miguel Solís levantáronse en 1846 contra o ditador Narváez, reclamando un novo estatuto para Galiza, que non tiña representación no goberno. Madrid enviou ao xeneral de la Concha, que os derrotou en Cacheiras (Teo). Os doce xefes militares foron sometidos a unha farsa de xuízo e fusilados o 26 de abril en Carral (episodio dos Mártires de Carral). Eduardo Ruiz tivo que emigrar, sendo amnistiado tralo cambio de réxime, e concedéuselle a Cruz do valor.
En Madrid exerceu como avogado, estudou Ciencias e publicou artigos en La Discusión, do que foi director, o que lle provocou enfrontamentos. Posteriormente foi profesor de historia natural nos institutos de Oviedo, Pontevedra e Zaragoza. Foi elixido deputado nas eleccións de 1854 pola xurisdición da Coruña. Nas Cortes votou contra a monarquía, polo que tivo que emigrar de novo. O Goberno español informou ao francés, sendo detido 21 días en Bordeos. Tras unha nova amnistía instalouse en Zaragoza, onde publicou un programa democrático, motivo polo que foi procesado en 1861 e condenado a 1.000 pesetas de multa e 12 anos de cadea. Foi absolto ao ano seguinte, e marchou a Xénova para unirse con Garibaldi, pero este non o aceptou. Entón instalouse en Porto, onde publicou un libro sobre democracia. Alí faleceu en 1865.
Obras
editar- Historia de la causa formada en Zaragoza el año de 1861 contra el ex constituyente D. Eduardo Ruiz Pons y consortes, 1864.