Eduardo III de Bar
Eduardo III de Bar, nado a finais de xuño de 1377 e finado o 25 de outubro de 1415 en Agincourt, foi marqués de Pont-à-Mousson de 1399 a 1415 e duque de Bar de 1411 a 1415.
Nome orixinal | (fr) Édouard III de Bar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | xuño de 1377 valor descoñecido |
Morte | 25 de outubro de 1415 (38 anos) Batalla de Agincourt, Reino de Francia |
Causa da morte | morto en combate |
Lugar de sepultura | Bar-le-Duc |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra dos Cen Anos |
Outro | |
Título | Duke of Bar (en) (1411–1415) Q48891404 (1399–1415) |
Familia | House of Scarpone (en) |
Pais | Roberto I de Bar e Maria de França, Duquesa de Bar |
Irmáns | Philip of Bar Louis Ier de Bar John of Bar Henry of Bar Iolanda de Bar Marie of Bar Yolande of Bar Bonne of Bar Jeanne of Bar |
Traxectoria
editarEra fillo de Roberto I, conde e despois duque de Bar, e de María de Francia. Converteuse no herdeiro do ducado de Bar á morte dos seus irmáns máis vellos Henrique e Filipe, que morreron na batalla de Nicópolis (1396). Seu pai fíxoo marqués de Pont-à-Mousson en 1399. En 1405, foi encargado por Carlos VI de Francia para defender o bolonés ameazado polos ingleses. A finais de 1406 participou na campaña da Güiena baixo Lois I de Orleáns, pero a disentería decimou ao exército francés. Despois do asasinato de Luís de Orleáns en 1407, achegouse a Xoán sen Medo e acabou uníndose aos borgoñóns. Sucedeu ao seu pai o 12 de abril de 1411.
Morreu na batalla de Agincourt e sucedeuno seu irmán Luís de Bar, bispo de Verdún, coñecido como Lois I ou Lois (dependendo de se Lois de Montbéliard se considera que foi conde uxori e non suo iure). Non casou e deixou só fillos bastardos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Poull, Georges (1994). La Maison souveraine et ducale de Bar (en francés). Nancy: Presses Universitaires de Nancy. ISBN 978-2864808312.
Ligazóns externas
editar- Eduard III, herzog von Bar (+ 1415)Arquivado 18 de marzo de 2005 en Wayback Machine.