Iolanda de Bar
Iolanda de Bar, tamén coñecida como Violante de Bar, nada en 1365 no Ducado de Bar (Lorena, Francia) e finada o 3 de xullo de 1431 en Barcelona, foi condesa consorte de Girona (1380 - 1387) e condesa consorte de Cervera (1380 - 1387) e, despois raíña consorte de Aragón, Valencia, de Mallorca, de Sardeña e de Córsega (nominal), duquesa consorte Atenas e de Neoptria e condesa consorte Barcelona, do Rosellón e de Cerdaña (1387 - 1396), como segunda esposa de Xoán I de Aragón (1387-1396).[1]
Iolanda de Bar | |
---|---|
Condesa consorte de Girona Condesa consorte de Cervera Raíña consorte da Coroa de Aragón | |
![]() | |
Escultura de la tumba de Violante de Bar. | |
Nacemento | 1365 Ducado de Bar, Lorena, Norte de Francia |
Falecemento | 3 de xullo de 1431 Barcelona, Reino de Aragón |
Sepultura | Mosteiro de Poblet |
Consorte | Xoán I de Aragón |
Descendencia | Véxase: Descendencia |
Casa real | Casa de Montbéliard |
Proxenitores | Roberto I de Bar, duque de Bar María de Valois |
![]() Armas de Iolanda de Bar como raíña de Aragón | |
Na rede | |
![]() | |
Culta, políglota, lectora e escritora, deixou como legado un total de 45 volumes de cartas (uns 9 000 folios) nas que fala da vida política e cultural do momento, así como do seu papel como filla, esposa e nai.
Escritas en latín e catalán, é unha das coleccións máis extensas escritas por unha muller na España medieval.
Todas elas consérvanse no Arquivo da Coroa de Aragón, en Barcelona.
Orixes familiaresEditar
Iolanda era filla do conde Roberto I de Bar e María de Valois.[2][3][4]
Os seus a vós eran, por liña paterna, o conde Henrique IV de Bar e Violante de Flandres, e por liña materna o rei Xoán II de Francia e Bona de Luxemburgo.
Era sobriña do rei Carlos V de Francia e dos duques de Berry, de Borgoña e de Anjou.[2]
TraxectoriaEditar
Primeiros anos e vodaEditar
Iolanda foi educada na Corte francesa durante uns oito anos e, en 1379, cado ela tiña uns 14 anos, o duque de Girona, Xoán, primoxénito de Pedro IV de Aragón, foi a pedir a man desa xove nobre, en contra da expresa vontade do rei, que quería que o seu herdeiro casara cunha princesa siciliana. Aceptada a proposta, Iolanda emprendeu o camiño cara a Perpiñán, onde a esperaba o seu futuro marido. A viaxe durou máis tempo do previsto porque a xove parou en diversas cidades na casa de parentes, como e Dijon ou Aviñón. Chegou a Perpiñán o 29 de abril e o matrimonio celebrouse o día seguinte na capela do Palacio real. O 17 de maio partiron cara a Barcelona onde os esperaban o rei e á súa esposa Sibila de Fortià. Instaláronse en principio en Barcelona, pero por motivos políticos e de saúde, especialmente do infante Xoán, a nova Corte foi itinerante[2].
NotasEditar
- ↑ Albertí i Casas 2007, pp. 125-139.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Violant de Bar Arquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine. no Diccionari biogràfic de dones.
- ↑ Condes e duques de Bar en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Duques de Bar - genealogy (en inglés).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iolanda de Bar |
BibliografíaEditar
- Albertí i Casas, Elisenda (2007): Dames, Reines, abadesses, 18 personalitats femenines a la Catalunya medieval. Barcelona: Albertí Editora, S. L. ISBN 978-84-7246-085-0.
- Bratsch-Prince, Dawn (2006): "The Politics of Self-Representation in the Letters of Violant de Bar (1365–1431)". Medieval Encounters 12 (1): 2–25. doi 10.1163/157006706777502505.
- Bassegoda Nonell, Joan (1999): "Las tumbas reales de la catedral de Barcelona", Butlletí de la Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi 13: 237-255.
- Poull, Georges (1994): La maison souveraine et ducale de Bar. Nancy: Presses Universitaires de Nancy. ISBN 2-8648-0831-5.
- Riquer, Isabel (1994): "Los libros de Violante de Bar", en: María del Mar Graña Cid (Edit.): Las sabias mujeres. Vol. 1 Educación, saber y autoría (siglos III–XVII)). Madrid: Asociación Cultural Al-Mundayna. ISBN 84-8709-013-3, pp. 161–173.
- Silleras-Fernández, Núria (2010): "Money isn't everithing: Concubinate, Class, and the Rise and Fall of Sibil·la de Fortià, Queen of Aragon", en: Thresa Earenfigth (edit.) Women and Wealth in Late Medievan Europe. Nova York, NY, USA: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-3495-3987-1, pp. 67–83.
- Sobrequés i Callicó, Jaume e Mercè Morales i Montoya (2011): Contes, reis, comtesses i reines de Catalunya. Barcelona: Editorial Base, col. Base Històrica nº 75. ISBN 978-84-1526-724-9.
- Sabaté i Marín, Glòria e Lourdes Soriano Robles (2005): "Reinas catalanas: mujeres, lectoras y protectoras de la cultura (siglos XIV-XV)". En: María del Val González de la Peña (coord.) Mujer y cultura escrita: del mito al siglo XXI. Gijón: Trea. ISBN 84-9704-156-9, pp. 85–96.
- Tasis i Marca, Rafael (1959): Joan I. El rei caçador i músic. Barcelona: Aedos.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Violant de BarArquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine. no Diccionari biogràfic de dones. Xarxa Vives d'Universitats / Generalitat de Catalunya / Consell de Mallorca (en catalán).
- Violant de Bar. Iolanda de Bar na Gran enciclopèdia catalana (en catalán)