Bar-le-Duc

Coordenadas: 48°46′18″N 5°10′02″L / 48.77167, -5.16722

Bar-le-Duc é unha cidade e comuna do nordeste de Francia, no departamento de Mosa, rexión do Gran Leste.

Bar-le-Duc
Bar-le-Duc
Blason ville fr Bar-le-Duc (Meuse).svg
Bar-le-Duc Place Saint-Pierre.jpg
Localización
PaísFrancia Francia
RexiónGran Leste
DepartamentoMosa
DistritoDistrito de Bar-le-Duc

Foi, noutros tempos, a sede do Condado, e máis tarde, Ducado de Bar.

É a localidade natal, entre outros, do presidente da República Raymond Poincaré.

A Ville Haute (parte alta da cidade), conserva numerosos edificios renacentistas que lle confiren carácter. Na igrexa de St. Étienne (Praza de St. Pierre), está a famosa estatua "Le Transi", de Ligier Richier. No presbiterio e do mesmo autor áchase o gran grupo escultórico do Calvario: Cristo crucificado entre os dous ladróns.

A confitura de grosellas de Bar-le-Duc, na que se eliminaron as sementes dos froios manualmente mediante unha pluma de ganso, é unha famosa especialidade ancestral coñecida como caviar de Bar.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.