Roberto I de Bar
Robert I de Bar, nado o 8 de novembro de 1344 e finado o 12 de abril de 1411 foi un nobre francés que foi marqués e margrave de Pont-à-Mousson e conde de Bar de 1352 a 1354, e despois duque de Bar de 1354 a 1411.
Robero I de Bar | |
---|---|
Marqués de Pont-à-Mousson Margrave de Pont-à-Mousson Conde de Bar Duque de Bar | |
![]() | |
Selo de Roberto I de Bar | |
Conde de Bar | |
1352 - 1354 | |
Duque de Bar | |
1354 a 1411 | |
Reinado | Maio de 1352 – 12 de abril de 1411 |
Nome completo | Robert Ier de Bar |
Nacemento | 8 de novembro de 1344 Lugar descoñcido |
Falecemento | 12 de abril de 1411 Lugar descoñecido |
Sepultura | Colexiata de Saint-Maxe de Bar-le-Duc |
Predecesor | Eduardo II de Bar |
Sucesor | Eduardo III de Bar |
Consorte | María de Valois |
Descendencia | Véxase: Matrimonio e descendencia |
Casa real | Casa de Scarpone |
Proxenitores | Henrique IV de Bar Iolanda de Flandres |
![]() Armas dos condes e os duques de Bar | |
Na rede | |
![]() | |
Era o fillo segundoxénito de Henrique IV, conde de Bar, e de Iolanda de Flandres.[1]
Traxectoria editar
Roberto tiña menos dun ano cando o seu pai morreu e o seu irmán máis vello, Eduardo II, herdou o Conado de Bar baixo a rexencia da súa nai. Como ambos os dous irmáns eran de constitución débil, Iolanda pediulle ao papa Clemente VI a autorización, para estes fillos, a autoritzación para que puideran comer carne durante os períodos de abstinencia, autorización que lle foi concedida.
Cando o seu irmán máis vello morreu, Roberto non tiña máis que uns sete anos, e o problema da rexencia planeouse de maneira diferente que sete anos antes. En efecto, a súa nai estaba a punto de casar de novo con Filipe de Navarra, conde de Longueville, da dinastía de Évreux, que disputaba o reino a Xoán II de Francia. Doutra banda, Xoana de Bar (1295 -1361), condesa de Warren, filla do conde Henrique III de Bar, fíxolle saber ao rei que estaba lista para asumir a rexencia. En 1297 o rei Filipe IV de Francia invadira o Barrois porque o conde Henrique III axudara ao seu sogro, Eduardo I de Inglaterra, cando este último intervira contra Francia na Guerra franco-flamenga.[2] Polo tratado de Bruxas de 1301 que puxo fin a esta guerra, Henrique viuse obrigado a recoñecer todo o territorio do seu condado ao oeste do río Mosa,[2] [3] e polo tanto, sometido ao Parlamento de París. Este Parlamento, por orde de 5 de xuño de 1352, decidiu que o Barrois era un feudo real e conferiu a rexencia a Xoana de Bar o 27 de xulio de 1352. Iolanda de Flandres, que nun principio renunciara á rexencia, revocou a súa decisión e preparou as súas tropa para combater a Xoana de Bar. O rei Xoán II tivo que intervir e obrigou a Iolanda a renunciar o 2 de xullo de 1353.
En 1354 o conde de Bar tomou o título ducal e, recoñecido polo rei Xoán II, preparando o matrimonio da súa filla María.[3] Ademais, nomeouno un par de Francia.[2] O mesmo ano, outra posesión de Roberto, o señorío de Pont-à-Mousson, foi elevado a marquesado e margraviado polo emperador Carlos IV.[4] [5] Porén, os gobernantes de Bar non foron nomeados duques polo emperador. Este margraviado foi frecuentemente entregado polos duques de Bar aos seus herdeiros.
Nese mesmo ano o emperador elevou o Condado de Luxemburgo a Ducado, e Bar quedou entre dous ducados, Luxemburgo e Lorena Superior.[6] O título ducal foi, porén, finalmente aceptado, e o rexistro fiscal imperial de 1532 documenta o "Ducado do Mosa" (Herzogtum von der Maß) como un membro votante do Reichstag.
A derrota do exército francés na batalla de Poitiers (1356) privou a Xoana de Bar da axuda do rei, que foi tomado prisioneiro. Iolanda retomou a rexencia, e Roberto foi armado cabaleiro en decembro dese ano.
Roberto I foi declarado maior de idade o 8 de novembro de 1359 e va asistiu á coroación do rei Carlos V de Francia en Reims o 19 de maio de 1364 e, despois, á de Carlos VI de Francia o 4 de novembro de 1380.
Durante o reinado de Carlos V, Roberto participou, en 1374, en varias expedicións militares destinades a espulsar aos ingleses de Normandía.
En 1401, Roberto cedeu o Ducado ao seu fillo Eduardo III, pero reservando o usufruto para el, separando ao seu neto Roberto (fillo de Henrique de Bar). O xove Roberto opúxose a isto, sen éxito, nun proceso no Parlamento de París que durou desde 1406 a 1409.
A loucura de Carlos VI enfrontou ao duque de Orleáns Luís de Orleáns co duque de Borgoña Xoán sen Medo. Roberto I, do cal os seus Estados eran fronteirizos con Francia e co Ducado de Borgoña, apoiou ao duque de Orleáns pero, tras o asasinato deste último, permaneceu cada vez máis no seu Ducado a causa das súas crises de gota que lle impedían camiñar.
O duque Roberto I faleceu o 12 de abril de 1411, e foi sepultado na colexiata de Saint-Maxe de Bar-le-Duc (no Castelo dos duques de Bar).
Matrimonio e descendencia editar
Roberto casou en 1364 con María de Valois, filla do rei de Fracia Xoán II o Bo e de Bona de Luxemburgo. O matrimonio tivo o seguintes fillos:
- Iolanda (1365 -1431), casada en 1380 con Xoán I de Aragón (1350 -1396).[7] [8][9][10]
- Henrique (1362 -1397), señor de Marle, morto cerca de Venecia pouco despois da batalla de Nicópole, onde fora feito prisioneiro. Casou en 1384 con María de Coucy, da que tivo a Robert de Marle, conde de Soissons, morto na batalla de Agincourt en 1415.
- Filipe (1372 -1396), morto na batalla de Nicópole.
- Carlos (1373 -1392), señor de Nogent-le-Rotrou.
- María (1374-?), casada en 1384 con Guillerme II, margrave de Namur (1355 -1418).
- Eduardo III (1377-1415), duque de Bar, morto na batalla de Agincourt.
- Luís (morto en 1431), bispo de Verdún e cardeal.
- Iolanda (morta en 1421), casada con Adolfo I, duque de Jülich e de Berg.
- Xoán (1380 -1415), señor de Puisaye, morto na batalla de Agincourt.
- Bona (morta en 1400),[11] casada en 1393 con Valeriano III de Luxemburgo-Ligny.
- Xoana (morta en 1402), casada en 1393 con Teodoro II de Montferrato, marqués de Montferrato.
Predecesor: Eduardo II |
Conde de Bar 1353 - 1354 |
Sucesor: El mesmo, asume o título de Duque |
Predecesor: El mesmo, como conde de Bar |
Duque de Bar 1354 - 1411 |
Sucesor: Eduardo III |
Notas editar
- ↑ d'Arras 2012, p. 234.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Evergates 1995, p. 96.
- ↑ 3,0 3,1 Spangler 2009, p. 56.
- ↑ Brachmann 2011, p. 155.
- ↑ Arnold 1991, p. 100.
- ↑ Arnold 1991, p. 263.
- ↑ Lacarra Lanz 2002, p. 59-60.
- ↑ Violant de Bar Arquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine. no Diccionari biogràfic de dones.
- ↑ Condes e duques de Bar en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Duques de Bar - genealogy (en inglés).
- ↑ Brachmann 2011, p. 158.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Arnold, Benjamin (199). Princes and Territories in Medieval Germany. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5215-2148-2.
- d'Arras, Jean (2012). Melusine; or, The Noble History of Lusignan (en inglés). Traducido por Maddox, Donald. Philadelphia: The Pennsylvania State University Press. ISBN 978-0-271-05415-5.
- Brachmann, Christoph (2011). "The Crusade of Nicopolis, Burgundy, and the Entombment of Christ at Pont-a-Mousson". Journal of the Warburg and Courtauld Institutes (en inglés). Vol. 74.
- Evergates, Theodore (1995). "Bar-le-Duc". En Kibler, William W.; Zinn, Grover A.; Henneman Jr, John Bell e Earp, Lawrence, Medieval France: An Encyplopedia (en inglés). London: Taylor & Francis. p. 96. ISBN 978-0-8240-4444-2.
- Lacarra Lanz, Eukene, ed. (2002). Marriage and Sexuality in Medieval and Early Modern Iberia (en inglés). Abingdon-on-Thames, UK: Routledge. ISBN 978-0-4159-3634-7.
- Poull, Georges (1994). La Maison souveraine et ducale de Bar (en francés). Nancy: Presses universitaires de Nancy. ISBN 2-8648-0831-5.
- Spangler, Jonathan (2009). The Society of Princes: The Lorraine-Guise and the Conservation of Power and Wealth in Seventeenth-Century France (en inglés). Farnham, Surrey, UK: Ashgate. ISBN 978-0-7546-5860-3.