Editorial Elvira

editorial galega
(Redirección desde «Ed. Elvira»)

A Editorial Elvira é unha empresa editorial galega independente con sede na rúa de Santiago, fundada no 2013 en Vigo. A súa especialidade e a poesía, o libro de artista e o libro-obxecto. Consta con apartados como prosa, poesía, conto infantil, arte e banda cómic.

Editorial Elvira
Tipoeditorial
Data de fundación2013
SedeVigo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
Expositor de Editorial Elvira no Nadal 2019-2020 Vigo.
Caseta da Editorial no Cies Market 2019 de Vigo.

Historia editar

O fundador de Editorial Elvira é o editor Xabier Romero. Editorial independente vencellada no seu nacemento o poeta Carlos Oroza, que motivou a súa creación, publicando a súa obra poética Évame. Preparan edicións pequenas, presentacións con autores e venda directa[1]. Especializada no libro de artistas, cómic, prosa e poesía. Publica en galego e en castelán [2].

Edita e publica a colección Historias para coñecermos Vigo, coa colaboración da Concellería de Normalización Lingüística (Concello de Vigo) e a Asociación Cultural Catropatacos, onde autores do prestixio de: Ledicia Costas, Francisco Castro Veloso, Marga do Val, María Lado, Amadeo Cobas, Santiago Lopo, Clara do Roxo, Fina Casalderrey, María Xosé Porteiro, María Reimóndez ou Clara do Roxo, percorren os barrios e rúas de Vigo cos seus relatos [3]. Complétase con cadernos de traballo para alumnado da E.S.O e percorridos literarios guiados dos diferentes libros [3][4].

Dende o ano 2014 a editorial convoca o Premio de relato Vigo histórico [5], coa participación de autores de toda a fala hispana, publicándose os gañadores baixo a colección Relatos na Rúa [6].

Conta no seu haber diversos libros-obxectos:

  • Especial do Libro dos lugares, de Antón Patiño Pérez, caixa de 100 exemplares asinados e numerados, caixa serigrafiada, interior con lámina orixinal do autor.
  • Aute canta a Oroza, libro-disco onde o cantautor Luis Eduardo Aute canta a poesía de Carlos Oroza.
  • Edición limitada de Actrices Secundarias de Clara do Roxo con serigrafía firmada e asinada polo pintor Xabier Magallanes

Notas editar

  1. Martínez, Enrique (2018-09-28). "Editorial Elvira, ou como converter os libros en obras de arte que sobrevivan a Internet". Xornal de Vigo. Consultado o 2019-12-26. 
  2. "Editorial Elvira". Editorial Elvira. Consultado o 2019-12-16. 
  3. 3,0 3,1 Redacción. "Oito historias de Vigo para coñecer a cidade da man de oito autores - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-16. 
  4. Redacción. "Paseos literarios polo Ensanche, Calvario e Teis con "Historias para coñecermos Vigo" - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-16. 
  5. "VI Certamen de Relatos Vigo Histórico 2019". Tregolam (en castelán). 2019-04-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2019. Consultado o 2019-12-16. 
  6. Escritores.org. "VI Certamen de relatos Vigo Histórico (España)". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2019-12-16. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar